Skip to Content

Cultura Clásica

Viaxe ó Bierzo

   

    Os alumnos de CULTURA CLÁSICA de 3º ESO coa súa profesora Julia De Partearroyo, fixeron unha viaxe a o Bierzo.

    Visitaron o santuario romano de Santalla de Bóveda e outros restos romanos. Fixeron rutas de senderismo a través das Médulas, visitaron o centro do Urogallo, disfrutaron de actividades de multiaventura (tiro con arco, tirolina, rocódromo,...), xogos cooperativos e incluso velada nocturna de temática clásica. Aprenderon moitísimo e chegaron mais felices ca unhas pascuas!

Viaxe de 3º de Eso ás Médulas

   

   Os alumnos de Cultura Clásica, acompañados pola súa profesora Julia de Partearroyo, foron esta semana ás Médulas, no Bierzo.  Alí puideron ver in situ moitos dos contidos explicados na clase.

    Tamén tiveron tempo para practicar turismo, como a interesante visita ao bosque de Brañarrota, cheo de teixos milenarios.                      Ver fotos.

Asistencia ao festival de teatro grecolatino de Lugo

   

     O martes 2 de marzo, os alumnos de Cultura Clásica e Latín e Grego de ESO e Bacharelato asistiron cos seus profesores, Julia de Partearroyo, Ángeles Doce e Román Bravo ao festival de teatro grecolatino que se celebrou na cidade de Lugo.

    Alí puideron ver Edipo Rei,a máis coñecida traxedia de Sófocles, que nos fai reflexionar sobre o destino e o libre albedrío e Cistellaria de Plauto, unha "comedia paliata" que trata sobre o idealismo do amor dos xóvenes fronte á conveniencia do mundo dos adultos.

Distribuir contido


by Dr. Radut