Skip to Content

Física e Química

Visita a museos científicos

 

     O Martes día 30, os alumnos de 3º da ESO tiveron ocasión de visitar os museos científicos da Coruña. Esta visita foi organizada conxuntamente polos departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química.
    Pola mañá, os rapaces acudiron á Casa dos Peixes, onde asistiron a unha breve charla sobre como a recolección do mexilón inflúe nas especies que conviven con él. Despois dun breve picnic, foron visitar a Casa do Home, chea de retos físicos e mentais que os rapaces estiveron intentando superar. Para finalizar, na Casa das Ciencias, visualizaron a proxección "da Terra ó Universo" no planetario. O resto da tarde estiveron experimentando nos distintos módulos da exposición, destinados a espertar a súa curiosidade pola ciencia.
    Foi un día no que tanto os alumnos como os profesores acompañantes: Alba, Jose, Ramón e Rocío, desfrutaron da ciencia fóra das aulas.

Charlas do programa A PONTE da Universidade de Santiago

 

   Os alumnos de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato participaron en charlas do eido da Física e Química impartidas por profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Santiago e Lugo) dentro do programa A Ponte.
    Héctor Rodríguez Martínez, profesor na Escola de Enxeñería Química da USC, tratou sobre procesos de separación na industria química.
    Mª Pilar Brocos Fernández, profesora da Facultade de Física de Santiago e da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, campus de Lugo, tratou sobre dispositivos basedados na aplicación de principios básicos de Termodinámica, e:
    Miguel Ángel González García, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, campus de Lugo, tratou sobre Leds, o seu funcionamento e utilización.
    As charlas resultaron moi amenas e poideron ilustrar ós alumnos sobre esas materias e orientalos para o seu futuro académico e profesional.

Visita a Reganosa e Forestal do Atlántico

   

    Os alumnos de 2º de bacharelato A,B visitaron Reganosa e Forestal do Atlántico, onde foron atendidos por personal desas empresas.

    En Forestal  coñeceron as actividades da empresa para evitar a polución mariña dos vertidos dos barcos, e para evitar accidentes por gases cando os barcos son reparados en Navantia.
    Viron a planta de coxeneración. Viron temén a planta de producción de formol e resinas de urea-formol así como a planta de impregnación do papel  empregado no acabado dos taboleiros de madeira.
    Coñeceron tamén as medidas que aplica a empresa para evitar a polución que poderían ocasinar as súas actividades.

    En Reganosa coñeceron as actividades da empresa relacionadas coa regasificación do gas natural. Explicáronlles a orixe e aplicacións dese gas, como chegan os barcos á planta, como se amarran e descargan. Viron os puntos de amarre dos barcos, as tuberias que levan o gas, os depósitos e as instalacións para regasificar o gas licuado antes de ser distribuído. Coñeceron tamén as medidas de seguridade para previr posibles accidentes.

 

Charla sobre o lume

 

 

     O xoves 30 de novembro, o Enxeñeiro de Montes e profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC, Pablo Vila Lameiro, deunos unha charla informativa sobre os lumes en Galicia.
     Explicounos as características que fan que Galicia sexa a comunidade autónoma con mais lumes de España, pero tamén a alta efectividade na extinción destes lumes.

    Así mesmo, recalcou que os lumes que sucederon na nosa comunidade no pasado Outubro, foron debidas ao cúmulo dunha serie de circunstancias desfavorables, pero non é algo illado, senón que tódolos anos repítense, por desgraza, situacións similares.

Visita aos museos científicos coruñeses

   

    Os departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química organizaron o día 17 de febreiro unha interesante visita aos museos científicos da Coruña.

    Os alumnos e alumnas de 3º de ESO, acompañados polos seus profesores Eva, Luisa Juana, Paco e Rocío, visitaron a Casa do Home onde realizaron actividades relacionadas coa bioloxía.

    Na Casa das Ciencias participaron nunha sesión do planetario, onde puideron observar o ceo da noite do mesmo día 17, e realizaron actividades relacionadas coa Física.

Visita a FORESTALATLANTICO e REGANOSA


 
  

   Os alumnos de 2º de bacharelato das modalidades de ciencias e tecnoloxía, acompañados polos seus profesores de Física e Química, visitaron as instalacións que Forestalatlantico e Regasosa teñen na marxe sur da ría. En ambolosdúas instalacións recibiron explicacións dos procesos e traballos que realizan  esas empresas. 

   En forestalatlantico poideron ver o peirao de atraque dos barcos, os tanques de almacenamento de combustible, a planta de impregnación de papel para o recubrimento dos taboleiros de madeira, a planta de fabricación de colas e resinas e a planta de coxeneración.

   En Reganosa viron o peirao de atraque dos barcos de GNL, as grúas para as tuberías de descarga, os depósitos de almacenaxe do gas natural e a planta de carga de camións cisterna.

1º e 2º de ESO coa enerxía sostible

 

    O xoves 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO acudiron á praza do Inferniño, nunha actividade organizada polos profesores do departamento de Física e Química, para aprender interesantes aspectos sobre o uso responsable da enerxía.

    Dentro do programa que a empresa REPSOL está desenvolvendo por todo o país, os alumnos aprenderon que é a enerxía, como se produce, como se transporta, como se transforma e como se usa. Deste xeito, aprendemos aos nosos alumnos a avanzar e colaborar para conseguir un futuro máis sostible.

JOSÉ EDELSTEIN: “100 anos da Teoría da Relatividade”

 

    O luns, 7 de marzo, alumnos de Física e Química de 4º de ESO, 1ª e 2º de Bacharelato, acompañados por un amplo número de profesores, asistiron con moito entusiasmo ao Teatro Jofre de Ferrol á charla de José Edelstein ,onde presenciamos unha viaxe pola Física teórica, desde a mazá de Newton aos Buracos Negros.
     Ao finalizar foron moitas as preguntas que lle plantexaron os alumnos, sobre a antimateria, a dilatación do espazo e do tempo… Finalmente J. Edelstein firmou algún dos exemplares do seu último libro de divulgación de Física pura “Antimateria, magia y poesía”.

    A actividade foi organizada por: Biblioteca, Dep. FÍSICA e QUÍMICA, Dep. CCNN en colaboración coa Biblioteca do IES Cabo Ortegal de Cariño.                             Ver fotografías

Distribuir contido


by Dr. Radut