Escritores galegos en Pontevedra (e 10)

Aínda que non é un autor de literatura galega sensu stricto inclúoo aquí pola súa enorme importancia no eido da cultura galega. Nacido en Ourense, residiu en Pontevedra desde os 23 anos cando tomou posesión do seu cargo de Xefe de Contabilidade. Ligado á Facenda polo seu traballo será tamén o primeiro director da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e participará en diversas empresas culturais (como a Coral Polifónica, na que será introducido por Castelao) e políticas (un dos principais dirixentes do Partido Galeguista e candidato a deputado pola Fronte Popular en 1936). Foi un dos principais redactores do Estatuto de Autonomía. Detido o 20 de xullo do 36, foi condenado a morte nun  xuízo sumarísimo e fusilado na Caeira o 17 de agosto do mesmo ano. Nese lugar, ao final da ponte da Barca, onde actualmente hai unha parada de taxis, hai unha placa conmemorativa: