Escritores galegos en Pontevedra (8)

Esta placa lémbranos a publicación de "A gaita gallega" (1853) de Xoán Manuel Pintos  no edificio no que se publicou a obra, situado no número 4 da rúa Isabel II.

Xoán Manuel Pintos é un dos chamados Precursores, autores con obra en galego publicada antes de Cantares gallegos. A súa obra máis coñecida, A gaita gallega (cuxo título completo é "A gaita gallega ou carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis) é unha miscelánea onde podemos atopar textos en prosa e en verso; en galego, en castelán e en latín. O eixo principal é o diálogo entre un gaiteiro galego e un tamborileiro castelán que quere aprender o galego e a intención, facer unha louvanza e defensa de Galicia e da lingua galega.