Guía de uso dos lectores electrónicos - CEIP Santiago Apóstolo

Guía de uso dos libros electrónicos - CEIP Santiago ApóstoloDesde o CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos) fannos esta achega da "Guía de uso dos nosos libros electrónicos" onde se explica de forma detallada as funcións básicas que son necesarias para o manexo e disfrute das lecturas neste dispositivo (bq Cervantes Touch Light).

Está realizada coas premisas de conseguir unha guía sinxela de interpretar e que resulte atractiva ao lector, guiando así ao alumnado no manexo do dispositivo educándoo na lectura das obras e textos neste formato dixital.

Calquera suxestión de mellora será ben recibida polos autores.