Presentación de documentación - Convocatoria Clubs de Lectura 2016-2017

ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN DE CLUBS DE LECTURA 2016/2017 EN FORMATO ELECTRÓNICO

Unha vez realizada a presentación da solicitude a través do Rexistro Xeral polos procedementos habituais contemplados no punto 5 da convocatoria de 1 de setembro, deberán enviarse a través desta páxina os 3 ficheiros solicitados en formato electrónico, tal como se recolle no devandito punto 5.

Para que sexa admitida a solicitude é IMPRESCINDIBLE a entrada da documentación a través do Rexistro Xeral da Xunta ou nos lugares e na forma previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

  • Anexo I da solicitude.
    Descrición: Documento da solicitude, Anexo I
    Formato: PDF.
    Nomenclatura do ficheiro: "codigocentro_anexoI_conv_CL_1617.pdf"
    (non é preciso escribir o .pdf, xa o debe poñer automaticamente ao gardar o ficheiro neste formato)
    Descarga: Modelo AnexoI, formatos ODT - DOC
  • Certificacións de presentación no Claustro e no Consello Escolar (curso 2016-2017).
    Descrición: Un único documento onde se recollan as datas de presentación do proxecto de Club de Lectura no Claustro e no Consello Escolar.
    Formato: PDF.
    Nomenclatura do ficheiro: "codigocentro_certificacions_conv_CL_1617.pdf"
    Descarga: Modelo Certificacións, formatos ODT - DOC
  • Breve descrición do proxecto do Club de Lectura.
    Descrición: segundo o guión incluído no Anexo I de solicitude.
    Formato: PDF.
    Nomenclatura: "codigocentro_proxectoclub_conv_CL_1617.pdf"
    Descarga: Modelo guión para Proxecto, formatos ODT - DOC

IMPORTANTE: Para que o envío sexa correcto os nomes dos ficheiros deberán ser como se indica en cada caso, cambiando a cadea codigocentro polo correspondente código de cada centro. (Pódese atopar o código do centro no buscador de centros educativos).


Envío de ficheiros
Código do centro:  Introduza o código para enviar/consultar os ficheiros do centro.