Letras Galegas - 2008: máis materiais elaborados polas bibliotecas escolares.

Desde a biblioteca do CEIP San Franciso Xavier, de A Coruña, remítennos para a súa difusión unha presentación ben interesante para o alumnado de primaria con actividades atractivas arredor dos poemas de Álvarez Blázquez. Agradecemos a Julia Tarrío, responsable desta biblioteca escolar, que o poña a disposición do resto do profesorado galego.

Letras galegas 2008. Xosé María Álvarez Blázquez

Nota: Para obter a maior rendabilidade a esta proposta cómpre lembrar que na parte inferior de cada diapositiva, en formato presentación, existen ferramentas de escritura.

versión para pizarra dixital

As autoras deste material nos enviaron a versión orixinal, para pizarra dixital, en formato notebook. Por razóns técnicas, entre outras, non podemos subilo a esta páxina, pero se alguén o prefere nese formato, pode poñerse en contacto co centro.