Skip to Content

Animación á lectura

CONTACONTOS FAMILIARES: NAI DE FABIÁN

Luns 9 de maio de 2016

Un ano máis, as familias de 1.º e 2.º de Primaria veñen visitarnos ao colexio para participar na actividade dos Contacontos Familiares.

A primeira visita que recibimos foi...

Rosa Guiance, a nai de Fabián

(1.º curso de Primaria)

Leunos "La Cenicienta", un dos contos clásicos máis coñecidos que nunca nos cansamos de escoitar.

Mirade que atentos/as!!!

Ao rematar, Fabián entregoulle un diploma como recordo pola súa participación.

Agardamos que volva lernos máis historias noutra ocasión.

MOITAS GRAZAS!!!

 

DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

Abril / Maio 2016

Con motivo da celebración do Día do Libro, algunhas familias de Educación Infantil viñeron visitarnos para lernos contos.

Nesta ocasión, desfrutamos das historias de:

Mamá de Sofía (Infantil 3 anos)

Mamá de Antía (Infantil 5 anos)

Mamá de Alejandro (Infantil 4 anos)

 Papá de Alejandra (Infantil 4 anos)

  Mamá de Laura (Infantil 4 anos)

  Mamá de Noa (Infantil 3 anos)

  Mamá de Zaira (Infantil 5 anos)

 

 MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO AS VOSAS LECTURAS

FAVORITAS!!!

 

CONTACONTOS CONCELLO: 1.º e 2.º PRIMARIA

Martes 26 de abril de 2016

Canto nos gustan os contos!!! Martina e Irene viñeron esta mañá para contarnos unhas historias fantásticas.

Sabiades que anda por aí un vampiro ao que lle senta mal o sangue e chupa a tinta dos libros???

Que misterio!!! Ao chupar cunha palliña, a tinta e os debuxos do libro desapareceron e as páxinas quedaron en branco. Como pode ser?

Encantáronnos todas as historias, así que agardamos

repetir o vindeiro curso.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015

Venres 23 de outubro de 2015

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas escolares, a Asociación Neen@s de Sanxenxo realizou varios contacontos e actividades dirixidas aos diferentes grupos do centro que serviron para concienciar da importancia de coñecer e respectar as diferenzas individuais.

Esta asociación xorde coa finalidade de dar visibilidade ás necesidades educativas especiais de nenos/as e familias e traballar para a súa integración, sensiblización e apoio.

(Preme na imaxe para coñecer máis sobre a asociación)

 Para ver as diferentes propostas clicade na seguinte fotografía:

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: REPRESENTACIÓN MARILUZ AVESTRUZ

Xoves 14 de maio de 2015

Hoxe poñemos punto e final aos Contacontos Familiatres do 1.º ciclo coa representación do conto Mariluz Avestruz.

Os encargados facer a representación foron Remedios Varela, a nai de Laura de 2.º de Primaria, e Lucía Varela e Juan Bea, os pais de Xoán de 1.º curso.

Desde o primeiro momento conseguiron captar a atención de todos.

 

Fixérono xenial!!!

Moitas grazas por visitarnos e darnos esta gran sorpresa!!!

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA NAI DE DIEGO

Mércores 6 de maio de 2015

Hoxe poñemos punto e final aos Contacontos familiares deste ano coa visita de Rocío Veiga, a mamá de Diego de 1.º curso.

O conto que nos leu titúlase La araña Malena. A través das aventuras dunha simpática araña recordamos algunhas normas de Educación Vial.

Que ilustracións tan bonitas e coloridas!

Ao rematar, Diego fixo a entrega do diploma.

Ademais de divertirnos... aprendemos moito!!!

 A vindeira semana agárdavos unha gran sorpresa!!!

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA NAI DE VALERIA

Mércores 29 de abril de 2015

Os Contacontos familiares do 1.º ciclo continúan vento en popa. Hoxe visitounos Mónica Periscal, a nai de Valeria de 2.º de Primaria. 

Trouxo dous contos moi especiais: El zapatero y los duendecillos e Moito conto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En Moito conto había unha gran cantidade de personaxes coñecidos que aparecían e desaparecían creando novas aventuras.

Ao rematar... chegou a entrega do diploma!!!

Pero antes de recoller, agradecémoslle a Mónica a súa visita.

A vindeiro mércores haberá outra sesión de Contacontos familiares. Visitaranos á nai de Diego.

 

DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Abril 2015

Un ano máis, con motivo da celebración do Día do Libro, algunhas das familias de Educación Infantil achegáronse ao colexio para lerlles contos aos máis cativos.

Estas foron as visitas recibidas:

Venres 24 de abril de 2015

VISITA DO PAPÁ DE MIA (5.º E.I.)

 

Luns 27 de abril de 2015

VISITA DA MAMÁ DE LAURA (4.º E.I.)

 

Mércores 29 de abril de 2015

VISITA DO PAPÁ DE ALEJANDRO (4.º E.I.)

 

Xoves 30 de abril de 2015

VISITA DA MAMÁ DE HUGO (5.º E.I.) E DA MAMÁ DE MATÍAS (4.º E.I.)

 

Xoves 7 de maio de 2015

VISITA DA MAMÁ DE PAOLA (5.º E.I.)

 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE TAN BONITA!!!

 

DÍA DO LIBRO NO 3.º CICLO

Xoves 23 de abril de 2015

Os nenos/as do 3.º ciclo de Primaria conmemoramos o Día do Libro converténdonos en contadores de historias. Hoxe fomos nós os encargados de lerlles contos aos nosos compañeiros.

 

Mirade que ben o fixemos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FELIZ ...

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA NAI DE LAURA

Mércores 22 de abril de 2015

Continuamos a desfrutar dos Contacontos familiares no 1.º ciclo. Nesta ocasión visitounos Remedios Varela, a nai de Laura de 2.º curso de Primaria.

A conto que elixiu para lernos titúlase El último canto, un libro que conta a historia dun galo moi peculiar que todas as mañás sube ao campanario da igrexa para espertar á xente do pobo. Pero... non canta coma todos os galos. Non deixedes de lelo se queredes saber que sucede.

Pasámolo moi ben e encantounos recibir a visita de Reme.

Como agradecemento, fixémoslle a entrega do seu diploma de participación.

Así de contentos posamos todos xuntos.

A vindeira semana visitaranos a nai de Valeria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut