Skip to Content

Animación á lectura

BIBLIOPATIO 2017

Maio-xuño 2017

No mes de maio comezamos a realizar unha nova actividade da Biblioteca para animar e dar a posibilidade de ler no patio durante os recreos:

"O Bibliopatio"

Grazas a doazón, por parte de Supermercados Froiz, de dous carriños da compra puidemos enchelos con distintos libros e contos en castelán, galego e inglés. Os nenos/as de 5.º e 6.º de Primaria foron os encargados de custodialos.

Gustounos moito!!!

O vindeiro curso volveremos desenvolver esta actividade!!!

 

DÍA DO LIBRO 2017

Luns 24 de abril de 2017

Con motivo da celebración do Día do Libro, realizamos un acto no cole ao que asisitiron todos os nenos e nenas de Infantil e Primaria xunto con todo o profesorado.

Este ano fixemos un sorteo no que cada participante tiña que escoller o seu libro favorito e apuntar todos os datos nunha plantilla que mandamos para casa. Os dous afortunados foron Carla Martínez de 2.º e Alec de 6.º. Ambos recibiron como premio o seu conto favorito.

Noraboa!!

Ademais, cada clase decorou un cartel para difundir a importancia da lectura. Podedes velos pegados nas paredes do colexio ou premendo na seguinte fotografía.

 

Quedaron fantásticos!

 

CONTACONTOS CONCELLO (1.º/2.º e 3.º/4.º PRIMARIA)

Venres 21 de abril de 2017

Os nenos e nenas de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria recibimos a visita de Martina e Nuria, as nosas "contacontos" favoritas do Concello de Sanxenxo. Elas leron varios contos moi divertidos e fixeron xogos de adiviñas, nos que había que averiguar os títulos dalgúns libros para logo escribilos nun mural.

Un ano máis, pasámolo xenial!

 

SESIÓN DE CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Venres 10 de febreiro de 2017

Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita, na Biblioteca do cole, de dúas "Contacontos" do Concello de Sanxenxo que lles contaron dúas fantásticas historias sobre animais. Os protagonistas foron un mono demasiado bromista que lles ensinou que non se debe gastar bromas pesadas; e un lobo e unha ovella que, a pesar das súas diferenzas, rematan facéndose amigos.

Foi moi divertido!! Grazas ás dúas monitoras!!

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º E 2.º PRIMARIA 2016/2017

Un ano máis, as familias de 1.º e 2.º de Primaria comezan a visitarnos para participar na actividade dos CONTACONTOS FAMILIARES.

Luns 28 de novembro de 2016

VISITA DO PAPÁ DE MIA (1.º Primaria)

Que ganas tiñamos comezar!!! Nesta ocasión, David contounos unha fantástica historia en inglés titulada "The Scarecrows´Wedding". Os espantallos Betty e Harry están a planificar a súa voda, pero o malvado espantallo Reginald intentará estragar ese día tan especial. Conseguirao???

Mirade que atentos estivemos.

Moitas grazas por visitarnos David!!!

 

Luns 12 de decembro de 2016

VISITA DA MAMÁ DE PAOLA (1.º Primaria)

Hoxe visitounos Rocío, coa súa historia "Amanda, con cien pies anda", un libro no que destacan valores como a solidariedade e o campañeirismo. Amanda é unha cempés cun serio problema pero con moitos e moi bos amigos. Queredes saber que lle pasa? Non vos perdades este fermoso conto.

A nós encantounos!

Grazas por vir por terceiro ano consecutivo!!!

 

Luns 19 de decembro de 2016

VISITA DA MAMÁ DE HÉCTOR (2.º Primaria)

Despedimos o trimestre con Tibisay e o seu conto "Buenos tiempos", unha divertidísima historia na que Bob Esponja recorda os bos momentos vividos no Crustáceo Crujiente xunto aos seus amigos de Fondo de Bikini.

Canto nos gustan as aventuras de Bob Esponja!

Grazas por visitarnos un ano máis Tibisay!!!

 

Luns 23 de xaneiro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE ZAIRA (1.º PRIMARIA)

Comezamos o ano cunha sesión de contacontos moi especial, xa que por primeira vez nai e filla leron xuntas. Jennifer e Zaira trouxeron un libro titulado "Cuentos con animales" e, de todas as historias, elixiron "La orquesta de los animales", unha das favoritas de Zaira.

Foi unha historia divertidísima!

Grazas por compartir esta experiencia connosco!

 

Luns 6 de febreiro de 2017

VISITA DO PAPÁ DE HÉCTOR (2.º PRIMARIA)

A visita de Martín conseguiu captar a atención de todos os nenos/as co conto "Kung Fu Panda: Maestro del desastre", unha divertida historia na que o perezoso Po intenta dominar a arte do kung-fu. Será quen de conseguilo?

Non vos perdades o final.

Que ben o pasamos!!!

 

Luns 27 de marzo de 2017

VISITA DA MAMÁ DE HUGO (1.º PRIMARIA)

Patricia tróuxonos un fermosísimo conto baseado na historia real de Villarina, unha osiña nacida no Parque Natural de Somiedo, encontrada ferida na estrada e devolta uns meses despois xa recuperada aos montes de Cantabria.

Que historia tan bonita! Lembrade ler"El retorno de Villarina"!

 

Luns 3 de abril de 2017

VISITA DO MAMÁ DE ANTÍA (1.º PRIMARIA)

Chega o mes de abril... e con el a celebración do Día do Libro. Por elo, Luisa veu preparada cun fermoso libro titulado "   ".

 

 

Non perdemos nin un só detalle!

As titoras de 1.º e 2.º queremos agradecer a colaboración

das familias participantes.

 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celebramos un día especial, o Día das Bibliotecas, cunha sesión de contacontos. Foron os mestres do Equipo de Biblioteca os encargados de leer os contos nos diferentes cursos.

Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron moito coa lectura dun conto "máxico".

 

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º tamén o pasaron moi ben e estiveron moi atentos.

 

Todos disfrutaron desta sesión escoitando un conto que non coñecían.

 

Foi un alumno de 5º o encargado de ler aos seus compañeiros de 5º e 6º.

 

 PASÁMOLO MOI BEN!!!!

 

OS NENOS/AS DE 5.º LEN EN 2.º (E VICEVERSA)

Martes 11 de outubro de 2016

Hoxe recibimos unha sorpresa moi especial na clase de 2.º. Os nenos e nenas de 5.º de Primaria, acompañados do seu titor, viñeron lernos un conto fantántico e moi curioso: "A vaca que puxo un ovo".

Que estraño!!! Desde cando as vacas poñen ovos??? Esa era a gran pregunta...

 

 

 

 

 

 

Se queredes saber como remata esta divertida historia, só tedes que coller o libro na estantería de cor azul da Biblioteca.

Seguro que vos encanta tanto como a nós!!!

 

Martes 25 de outubro de 2016

Os nenos e nenas de 5.º volven visitarnos para lernos o conto "Arco da Lúa" da editorial Kalandraka. Que bonita historia!!!

Non dubidedes en botarlle unha ollada na Biblioteca.

 

Martes 22 de novembro de 2016

Chega a 3.ª sesión de contacontos. Nesta ocasión desfrutamos da lectura de "Croco", un libro que nos ensina que, aínda que sexamos pequenos, temos que afrontar as nosas necesidades e actuar con independencia.

Mirade que maiores nos estamos facendo!!!

 

Luns 5 de decembro de 2016

Nesta 4.ª sesión de contacontos viaxamos ao espazo para coñecer "Cosmo e a estrela perdida", una bonita historia na que Cosmo, un colecionista de estrelas, bota en falta un exemplar da súa colección.

Será quen de encontrala???

 

 Venres 16 de decembro de 2016

Despois dun trimestre de lecturas por parte dos nen@s de 5.º na nosa aula... chegou o momento de cambiar as quendas.

As nenas e nenos de 2.º, tras uns días de preparación e cargados de moita ilusión, fomos ler o conto "La rana Sapi", unha doce historia na que a ra Sapi quere converterse nun príncipe, pero para iso precisa un bico.

Conseguirá o seu propósito???

 Foi unha experiencia incrible. Agardamos repetila!!!

CONTACONTOS FAMILIARES: NAI DE DIEGO

Mércores 25 de maio de 2016

Rematamos as sesións dos Contacontos Familiares coa visita de:

ROCÍO VEIGA, a mamá de Diego

(2.º de Primaria)

Contounos "Pinocho no era el mentiroso", unha divertida historia rimada na que, a diferencia do conto tradicional, Pinocho non é quen conta mentiras.

Como facemos sempre, entregamos un diploma como agradecemento pola súa participación na actividade.

Pero... Rocío tiña unha sorpresa!!! Cedeu este fermoso conto para os fondos da nosa biblioteca, así que poderemos desfrutalo sempre que queiramos.

 

NO VINDEIRO CURSO AGARDAMOS RECIBIR NOVAS

VISITAS!!!!

 

CONTACONTOS FAMILIARES: NAI DE HÉCTOR

Xoves12 de maio de 2016

Nesta sesión dos Contacontos Familiares contamos coa visita de:

Tibisay Sueiro, a mamá de Héctor

(1.º de Primaria)

Leunos ¡Cachorrros al rescate!, unha historia da Patrulla Canina que tanto gusta aos máis cativos.

Antes de marchar, Héctor entregoulle o seu diploma.

Gustaríanos que volva o vindeiro curso a contarnos máis historias!

GRAZAS POR VISITARNOS!

 

CONTACONTOS FAMILIARES: NAI DE XOÁN

Mércores 11 de maio de 2016

Hoxe recibimos a segunda visita dos Contacontos familiares.

Nesta ocasión achegouse ao colexio:

Lucía Varela, a nai de Xoán

(2.º de Primaria)

Contounos tres historias preciosas creadas por ela mesma:

  • A lúa, a ra e sete amiguiños máis
  • Vinteún pauciños
  • A ovella Felisa e Toño o lobo pitoño

A todos nos encantou a historia dos Vinteún pauciños, xa que o protagonista de mesma era o seu fillo Xoán e ademais saían todos os seus compañeiros/as de curso. Foi unha gran sorpresa!!!

Como agradacemento, Xoán entregoulle un diploma.

Desexamos que siga creando contos tan bonitos e volva noutra ocasión!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut