Skip to Content

Animación á lectura

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

O luns día 7 de abril os nen@s de Educación Infantil recibimos unha visita moi especial na biblioteca do colexio. Tivemos unha sesión de contacontos, promovida polo Concello, que resultou moi divertida.

Unha das historias que nos contaron foi "Terror en la charca", pero non tivemos ningún medo!!!

Se queredes ver como o pasamos, botádelle unha ollada ao vídeo ou premede na fotografía para acceder á galería.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS

Unha das actividades que estamos a desenvolver este ano no centro é o Programa de Voluntariado de Atención á Lectura.

 

Trátase dunha actividade moi interesante na que os alumnos/as de 5.º e 6.º curso de Primaria se encargan de ler contos aos nenos e nenas de Educación Infantil.

 

É unha experiencia fantástica que o alumnado agarda con ilusión todas as semanas!!!

 

Nas lecturas compartidas:

LEMOS        COMPARTIMOS         AXUDAMOS        APRENDEMOS...

 

Clicade na fotografía para ver que ben o pasamos!!!:

 

 

1.ª SESIÓN DE CONTACONTOS FAMILIARES DO 1.º CICLO

O martes 17 de decembro inauguramos os contacontos familiares do 1.º ciclo deste ano.

A primeira valente en contarnos un conto foi Sandra, a nai de Héctor (2.º curso).

Leunos unha historia divertidísima na que había uns dinosaurios que todos podiamos ver agás o protagonista do conto. Como era posible que non os vira? Debía ser algo despistado...

A todos nos encantou o libro!!!

Moitas a grazas a Sandra por compartir este libro con todos nós!!!

Animádevos a vir as demais familias!!!

 

ANXO MOURE VISITA O COLEXIO

Como ben sabedes o 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das BibliotecasPor este motivo, o día 25 recibimos unha visita moi especial na Biblioteca de Sorpresiña.
 
 
Anxo Moure, autor do conto O carballo con botas, fixo as delicias de todo o alumnado e do profesorado grazas á maxia dos seus contos solidarios. 
Imaxinación, alegría e preciosas historias serviron para transmitir o amor pola natureza e a necesidade de respectar o mundo que nos rodea.
 
 
 
 
Coñece mellor a Anxo Moure entrando nos seguintes enlaces:
 
 
 
 
 
Clica na imaxe para ver as fotografías deste fantástico día.
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut