Skip to Content

Animación á lectura

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA NAI DE XOÁN

Mércores 15 de abril de 2015

No 1.º ciclo, con motivo da celebración do Día do Libro, imos adicar o mes de abril a realizar os últimos Contacontos familiares deste curso.

Hoxe recibimos a visita de Lucía Varela, a mamá de Xoán.

Tiñamos moita curiosidade por coñecer o conto que nos ía contar. En canto vimos o título sabiamos que ía ser moi especial.

Pero... que é un grúfalo? Pois un ser un tanto peculiar creado pola imaxinación dun pequeno rato para sobrevivir no bosque no que vive.

Mirade que atentos estabamos á historia!!

Ao rematar, Xoán encargouse de entregar á súa nai o diploma de participación nesta actividade.

Moitas grazas a Lucía por vir contarnos un conto tan divertido!!!

Se clicades aquí ou nos documentos adxuntos podedes descargar un caderno de fichas con actividades sobre o libro. Tamén hai varias películas en Youtube sobre esta historia.

A vindeira semana... recibiremos outra visita!!!

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º CICLO: VISITA DA TÍA DE LUCÍA

Venres 9 de xaneiro de 2015

Hoxe tivemos unha visita moi especial no 1.º ciclo. A tía de Lucía achegouse ao colexio para contarnos unha historia fantástica titulada...

"El elefante y la generosidad"

Cando entramos na aula levamos unha gran sorpresa. Había teas, peluches, unha caixa misteriosa... Mirade cantas cousas!!!

A historia que nos contou encantounos. Grazas a ela volvemos recordar a importancia da xenerosidade.

Pero as sorpresas non remataron aquí!!! Antes de irse regalounos un conto para cada un que leremos con moita ilusión e cariño.

Nós, como agradecemento pola súa participación na actividade dos Contacontos Familiares, entregámoslle un diploma.

 

SESIÓN DE CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Mércores 10 de decembro de 2014

Comezan as sesións de Contacontos do Concello!!!

Os primeiros en desfrutar de fantásticas historias e aventuras foron os nenos e nenas de Educación Infantil.

Un ano máis a biblioteca do colexio encheuse de teas, bauis, caixas misteriosas e mooooitos libros que conseguiron captar toda a atención dos máis cativos.

Non perderon ningún detalle!

 

Clicade na fotografía para ver a sesión de contacontos.

 

LECTURAS COMPARTIDAS

Martes 18 de novembro de 2014

Unha das actividades máis enriquecedoras que estamos a levar a cabo son as lecturas compartidas entre os alumnos/as do 3.º ciclo de Primaria e os máis cativos do centro.

Unha experiencia fantástica de aprendizaxe mutua!!!

 

  (Clicade aquí para acceder á galería)

 

FELICES LECTURAS!!!

 

MANUEL SOLLA VISITA O NOSO CENTRO!!!

Como ben sabedes, o día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas.

 

Este ano contamos coa visita de Manuel Solla, un dinamizador cultural que nos animou a mañá con fantásticas historias.

 

 

Botádelle unha ollada á galería clicando nas seguintes fotografías:

Agardamos as vosas visitas na Biblioteca!!!

 

PREMIOS CONCURSO "O CÓMIC"

O luns día 26 de maio, fixemos a entrega dos premios do concurso de cómic convocado polo Equipo de Biblioteca.

Tal como se indicou nas bases, houbo un gañador/a por ciclo.

Os premiados foron os seguintes:

1.º ciclo: LAURA

 

2.º ciclo: NOA

 

  3.º ciclo: LARA  E ANTÍA

(traballo presentado en parella - premio compartido)

 

GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E PARABÉNS PARA AS ALUMNAS PREMIADAS!!!

 

CONTACONTOS NO 1.º CICLO

No 1.º ciclo estabamos esperando con ilusión a sesión de contacontos do Concello. O martes 20 de maio, Martina e Mónica contáronnos varias historias, aínda que a nosa preferida foi "Como mola a túa vasoira".

 

 

   Non vos parece que o título é mooooooi

   interesante? Pois imaxinádevos o que pode

   ocorrer se xuntamos unha vasoira, unha bruxa e

   varios animaliños que queren subir nela...

 

 

 Mirade que atentos estivemos para non perder detalle.

 

 

 

 

 

 

 

 

Antes de rematar, puxemos a imaxinación en marcha para facer as nosas apócemas máxicas.

Esperamos que dean resultado!!!

CONTACONTOS NO 2.º CICLO

O día 20 de maio, os nen@s do 2.º ciclo tivemos unha sesión de contacontos na Biblioteca do colexio. Un ano máis, Martina e Mónica viñeron contarnos unhas historias fantásticas e preparáronnos unhas actividades moi divertidas.

Mirade como foi a xornada!!!

 

 

 

 

FOTOS DA ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA MIRO MAGARIÑOS

O venres 16 de maio, a Compañía Miro Magariños fixo as

delicias de toda a comunidade educativa coa representación da obra

"Os xigantes"

Nela, un mestre carpinteiro e o seu axudante, Pucho, comezan a súa

xornada de traballo na carpintería, pero non vai ser unha xornada nada

tranquila...

Foi unha obra divertidísima, cunha música e unha posta en escena

fantásticas!!!

Podedes botarlle unha ollada ás fotos e a dous pequenos vídeos que

grabamos:

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

DÍA DO LIBRO 2014

Como ben sabedes, o 23 de abril conmemórase o Día do Libro. Este ano, desde o Equipo de Biblioteca propuxéronnos varias actividades relacionadas co mundo do cómic.

A primeira delas foi un concurso individual consistente na elaboración dun cómic.

Nos vindeiros días daranse a coñecer os gañadores/as, así que estade atentos!!!

Na segunda tiñamos que investigar sobre un personaxe de cómic e elaborar un póster coa información máis salientable.

Queredes saber cales foron os personaxes elixidos? Pois aí vai a listaxe:

  • Educación Infantil:  MAFALDA e amigos
  • 1.º Primaria:  SPIDERMAN e amigos
  • 2.º Primaria:  CAPITÁN TRUENO e amigos
  • 3.º Primaria:  ASTÉRIX E OBÉLIX e amigos
  • 4.º Primaria:  SUPERMAN e amigos
  • 5.º Primaria:  MORTADELO E FILEMÓN e amigos
  • 6.º Primaria: OS CATRO FANTÁSTICOS e amigos

Cada curso encargouse de presentar os seus traballos. Durante un tempo estarán expostos nos paneis da entrada do colexio. Non deixedes de velos!!!


Tamén podedes acceder á galería clicando na fotografía:

 

 FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut