Skip to Content

Saídas didácticas

VISITA Ó PARLAMENTO E Á XUNTA DE GALICIA

Febreiro 2019

Este venres, día 15 de febreiro do 2019, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º curso de primaria visitaron a Xunta de Galicia e o Parlamento en Santiago de Compostela.

Puideron coñecer de preto estas dúas institucións facendo un percorrido por ámbolos edificios e aprenderon como funcionan estes órganos de administración e xestión da nosa comunidade.

 

                       

SAÍDA ILLA DE AROUSA - "ALIMÉNTATE BEN"

Febreiro 2019

Este xoves 7 e venres 8 de febreiro, realizamos dúas saídas á Illa de Arousa.

Nunha participaron o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria e na outra o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

SAÍDA TEATRO - "BURBUJAS DE PAPEL"

Febreiro 2019

Este martes, día 5 de febreiro do 2019 o alumnado de Infantil visitou o Auditorio Afundación para ver a obra de teatro "Burbujas de Papel".

Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia para crear unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación do neno e da nena para ir a un mundo fantástico.


Estivo xenial!

Información sobre a obra-> ENLACE

SAÍDA - EXPOSICIÓN E TEATRO

Novembro 2018

Este luns, día 19 de novembro do 2018, os nenos e as nenas de 3º e 4º curso de primaria foron a Pontevedra para asistir a unha exposición - obradoiro no Café Moderno e a unha obra de teatro no Auditorio Afundación.

 

SAÍDA – III CONGRESO DE EMERXENCIAS DE GALICIA

Outubro 2018

Hoxe, día 11 de outubro do 2018, todos os nenos e todas as nenas do centro asistiron na Praza do Mar (Sanxenxo) a unhas actividades organizadas no III Congreso de Emerxencias de Galicia.

SAÍDA FIN DE CURSO: CASA DO PATRÓN

Xuño 2018

Este venres, día 1 de xuño do 2018, realizamos no CEIP de Nantes a tan esperada saída de fin de curso! Visitamos a "Casa do Patrón", en Lalín, que se trata do maior museo etnográfico de Galicia.

 

CERTAME LITERARIO

Maio 2018

Este venres, 18 de maio do 2018, unha representación de alumnos e de alumnas do centro participaron no XIII Certame Literario organizado polo I. E. S. de Sanxenxo. Realizaron producións de narrativa e de poesía.

Moi bo traballo!

     

ROTEIRO ATA SANXENXO

Maio 2018

Este venres, día 18 de maio do 2018, os alumnos e as alumnas de Infantil e 1º e 2º de Primaria realizaron un percorrido a pé ata Sanxenxo na compaña da Policía Local.

           

VISITA Ó PARLAMENTO E Á XUNTA DE GALICIA

Maio 2018

Este venres, día 4 de maio do 2018, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º curso de primaria visitaron a Xunta de Galicia e o Parlamento para coñecer mellor as dúas institucións.

Alí fixeron un percorrido por ambos edificios e aprenderon como funcionan estes órganos de administración e xestión da nosa comunidade.

VISITA IES VILALONGA

Maio 2018

Este mércores, día 2 de maio do 2018, os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria visitaron en compaña do alumnado do CEIP Noalla - Telleiro o IES de Vilalonga, no que continuarán os seus estudos.

Alí tiveron unha presentación da nova etapa educativa da ESO e visitaron as instalacións do centro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut