Skip to Content

Saídas didácticas

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO

Abril 2018

Este xoves, día 26 de abril, o alumnado de 1º e 2º curso de primaria visitou o Salón do Libro en Pontevedra.

SAÍDA Ó TEATRO: "OESTE"

Abril 2018

Este martes, día 24 de abril, os alumnos e as alumnas do CEIP de Nantes asistiron á representación da obra de teatro "Oeste" a cargo da COMPAÑÍA CARACOL.

SAÍDA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA

Febreiro 2018

Este xoves, día 22 de febreiro, os alumnos e as alumnas de Educación Infantil visitaron o Museo de Pontevedra para participar na actividade "pensARTE".

Coa axuda dunha guía, observamos obras de arte fixándonos nas cores, nos tamaños, nas formas... E ata creamos un cadro con figuras xeométricas! Tamén tivemos tempo para facer crebacabezas dalgúns dos cadros que puidemos ver. Esta visita axudounos a entender un pouco máis as emocións e sensacións que nos poden transmitir as obras de arte.

Ó rematar a visita, tivemos tempo para merendar e xogar todos xuntos nun parque antes de volver ó cole. Pasámolo xenial e quedamos con ganas de ver máis pinturas!

Picando nas imaxes podedes acceder á galería para ver máis fotos da xornada.

MUSEO DO MAR - PERGAMIÑO VINDEL

Febreiro 2018

Este luns, día 19 de febreiro de 2018, os alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria visitaron o Museo do Mar, en Vigo.

A saída consistiu en coñecer a exposición sobre o Pergamiño Vindel.

Titulada "Pergamino Vindel. Un tesoro en siete cantigas", a exposición trata sobre o manuscrito que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax e a melodía de seis delas. Exhíbese ó público por primeira vez na historia!

Aquí podedes consultar a información sobre a exposición. ENLACE.

 

SAÍDA Ó TEATRO: "ZAPPING"

Xaneiro 2018

O luns día 29 de xaneiro, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria asisitiron a Afundación en Pontevedra para ver unha obra de teatro en inglés: "Zapping".

A protagonista desta obra atopa un obxecto máxico que lle permite deter e incluso viaxar no tempo, e así, poder aprobar o exame de Ciencias.

Foi unha experiencia divertida e gratificante para o alumnado.

Coñecendo a cidade das nenas e nenos

 

SAÍDA Ó TEATRO: "RUBICUNDO"

Novembro 2017

Este mércores día 22 de novembro os nenos e as nenas de 3 e 4 de primaria asistiron ó teatro para ver "Rubicundo".

Trata dunha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía... Que nos abre a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. Que importante é soñar!

 

 

Adxuntamos un PDF cunha guía didáctica sobra a obra.

#UNPASOMÁIS POLAS NENAS!

Outubro 2017

O 11 de outubro celébrase o Día Internacional da Nena. Co motivo desta conmemoración e coa colaboración da ONG Plan Internacional, as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria visitaron Compostela este xoves, día 5 de outubro, para realizar o último treito do Camiño de Santiago.

SAÍDA DE FIN DE CURSO 2017

Venres 26 de maio de 2017

Os alumnos e alumnas do colexio, desde 5.º de Educación Infantil ata 6.º de Educación Primaria, acompañados polo profesorado do centro, realizamos a excursión de fin de curso á Coruña.

Primeiramente, visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), no que gozamos dun popurrí científico-tecnolóxico, no que puidemos observar desde a evolución de diferentes aparellos da vida cotiá ao longo do século XX, ata robots modernos coma Pepexán e Marilú. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi ver as entrañas dun avión tan importante coma o Boeing 747.

Tamén participamos en talleres, nos que elaboramos helicópteros de papel que fixemos voar dende o último piso do museo ata o hall da entrada.

Antes de abandonar o museo, almorzamos no seu comedor.

Despois, pola tarde fomos ao parque de bólas, situado no polígono de Alvedro, onde nos repartiron en distintas naves para poder divertirnos con diferentes actividades axeitadas a cada idade.

Logo de xogar, merendamos no Parque do monte de San Pedro, na Coruña, desde onde podiamos ver a Torrre de Hércules e o Océano Atlántico.

Finalmente, recollemos todo e regresamos ao colexio, a onde chegamos preto das 8 da tarde, cun pouquiño de retraso... pero moi ledos e satisfeitos coa fantástica experiencia que vivimos.

Podedes acceder á galería premendo nas fotografías.

 

SAÍDA A EXPOSICIÓN DE TONUCCI

Luns 8 de maio de 2017

Os alumnos e alumnas de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria, acompañados das nosas titoras, fomos ao Pazo da Cultura de Pontevedra a visitar a exposición: "Imaxinar a educación. 50 anos con Frato".

Frato é o alter ego de Francesco Tonucci, un coñecido pedagogo italiano que reinvindica sempre, a través dos seus libros e viñetas humorísticas, o sobrecargados que están os nenos e nenas de hoxe en día de xoguetes comerciais, videoxogos e tecnoloxía, aspecto que os priva de desenvolver a imaxinación e a creatividade propias da infancia. Tonucci sempre recorda que os seus xoguetes preferidos eran unha caixa de cartón, a cal imaxinaba que se convertía en millóns de cousas distintas, e un cabalo de papel, co que xogaba a facer carreiras de sopridos cos seus irmáns.

Nesta exposición, están moi presentes esas viñetas tan características de Tonucci e as caixas de cartón.

Pero especialmente, descubrimos unha gran zona de recreo na que experimentar coas mans, observar, explorar, mancharse, xogar e aprender.

Para iso, durante a visita, repartíronnos en dous grupos:

  • 1.º e 2.º de Primaria: realizamos construccións de madeira e experimentamos con elementos da natureza.
  • Infantil: tamén experimentamos coa auga, area... e xogamos cunha balanza e con xoguetes feitos de caixas de cartón.

Podedes ver a saída completa premendo en calquera das fotografías.

 

SAÍDA A PORTONOVO : "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

  Venres, 24 de marzo de 2017

SAÍDA A PORTONOVO NO PROXECTO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

                                               

Unha das actividades que facemos no noso colexio dentro do proxecto "O sabor da aventura está no mar" é  realizar unha saída programada ao porto e lonxa dunha das localidades da zona. A través dela podemos coñecer e aprender máis sobre a actividade pesqueira e o marisqueo, os produtos do mar e a importancia do seu consumo para a nosa saúde, á vez que nos sensibilizamos co coidado e respecto do mar.

Dende hai moito tempo desexabamos poder facer esta visita a un lugar moi pretiño a nós e que pertence á nosa contorna: Portonovo.

Como o alumnado de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria xa foran ao Grove no mes de outubro, desta vez tocounos ao alumnado e profesorado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria ter a oportunidade de ir ata Portonovo para coñecer a lonxa, o porto, a actividade das redeiras, a Praza de Abastos e a Casa Mariñeira de Fernando.

Na lonxa recibiunos Joselito, o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Portonovo, quen fixo de guía durante a visita polo porto e nos contou moitíííísimas cousas interesantísimas sobre a captura de peixe, a comercialización do mesmo, o funcionamento da lonxa, a organización dos traballadores que pescan nos arredores de Portonovo, outros traballos que dependen da pesca, a historia do porto de Portonovo, etc.

A continuación, visitamos ás redeiras. Mentres estas mulleres incansables non deixaban de traballar reparando as redes, contáronnos moitos segredos sobre a súa labor e contestaron a todas as nosas preguntas moi amablemente. Sabedes que a rede máis pequena mide máis de 600 metros?? Sorprendido

Despois de visitar o porto, contando en todo momento coa guía e información que nos proporcionaban Joselito e os dous monitores que nos acompañaron, fomos á Praza de Abastos de Portonovo. Ademais de aprender a identificar moitos peixes, a distinguir o pinto da maragota, a interpretar a información que hai nas etiquetas do peixe que se vende alí e moitas outras cousas... Ana, a pescantina, deunos unhas piruletas e a dona da floraría uns globos. Que ben se portaron todos e todas con nós!! RisaInocente 

Rematamos a xornada cunha Merenda Mariñeira, a base de hamburguesas e croquetas de peixe, na Casa Mariñeira de Fernando onde tivemos ocasión de ver un vídeo sobre o choco.

Que ben o pasamos!! RisaGuay

(Podedes ver toda a xornada premendo nas fotografías)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut