Skip to Content

Saídas didácticas

SAÍDA CLESA: E.I., 1.º E 2.º CURSO PRIMARIA

Venres 27 de novembro de 2015

Durante  a xornada da mañá, os alumnos/as de Educación Infantil, 1.º e 2.º nivel de Primaria visitamos a fábrica láctea Clesa.

 

Coñecemos as instalacións e participamos nun divertido obradoiro impartido por un escritor e un ilustrador. Ademais de contarnos e ilustrar un conto, ensináronnos a debuxar a "Yogui", a mascota da fábrica. Fixemos uns debuxos fantásticos que enviarán a un concurso. A ver se temos sorte e gañamos algún premio!!!

 

 

 

 

Antes de volver ao colexio, tomamos un rico iogur e trouxemos unha bolsa con varios agasallos.

 

 

 

 

 

Que ricos están os

produtos lácteos!!!

 

 

(Clicade nas fotografías para ver a saída completa)

 

SAÍDA DE FIN DE CURSO: APÍPOLIS

Mércores 20 de maio de 2015

Despois da espera... por fin chegou a excursión de fin de curso!!!

Este ano xuntámonos todos os cursos e dirixímonos a Xeve para visitar Apípolis, un centro que ten como obxectivo amosar as relacións entre as abellas e os seres humanos, así como a súa importancia para as persoas e o medio no que nos desenvolvemos.

 

(Clicade sobre a imaxe para acceder á súa páxina web)

 

Nada máis chegar dividíronos en catro grupos e comezou a aventura!!!

 

Coñecemos moita información sobre as abellas.

Elaboramos unhas deliciosas galletas de mel.

Explicáronnos como se prepara a cera e fixemos unhas velas fantásticas.

Vestímonos de apicultores e visitamos o apiario.

A media mañá fixemos unha pequena parada para merendar e xogar. Despois de comer, tíñannos preparados varios xogos.

Volvemos ao colexio pola tarde, algo cansos, pero con moitas cousas que contar ás nosas familias e todos os agasallos que nos deron.

 

Foi unha actividade moi interesante.

Gustaríanos repetir outro ano!!!

 

Se queredes ver toda a saída, clicade en calquera das fotografías.

 

SAÍDA DO 3.º CICLO: SAN VICENTE DO MAR

Mércores 13 de maio de 2015

Ao longo da mañá, os alumnos/as de 5.º e 6.º de Educación Primaria dirixíronse a San Vicente do Mar para desenvolver unha actividade enmarcada no proxecto "O monte vivo".

Os principais obxectivos deste programa son fomentar a protección do medio natual fronte aos incendios e tomar conciencia do valor dos bosques, o seu uso sostible e a contribución á protección da biodiversidade.

 

Resultou unha actividade fantástica ao aire libre que nos serviu para tomar consciencia do valor da natureza dunha forma práctica.

(Para acceder á galería e ver o desenvolvemento completo, clicade nas fotografías)

 

SAÍDA 1.º a 6.º de PRIMARIA: RUTA GUIMATUR - CAMBADOS

Luns 20 de abril de 2015

Ao longo da mañá, todo o alumnado de Educación Primaria participamos na segunda parte do progama "O sabor da aventura está no mar", unha actividade enmarcada no proxecto "Aliméntate Ben".

 

 

Consistiu nunha ruta desenvolvida por Guimatur, unha asociación cultural formada por mariscadoras e redeiras de Cambados.

 

(Premede sobre a imaxe para acceder á súa páxina web)

 

Desde a primeira hora da mañá os monitores dividíronnos en 2 grupos: os rodaballos (gorras de cor amarela) e as troitas (gorras de cor branca).

 

E... COMEZAMOS A RUTA!!!

 

En primeiro lugar visitamos a lonxa. Aí explicáronnos o seu funcionamento e simulamos unha subasta.

Moi preto estaba a nave das redeiras, onde puidemos comprobar a dureza do seu traballo.

Despois de visitar o porto, dirixímonos ao barrio de San Tomé para coñecer a arquitectura popular mariñeira.

Ao mediodía, puxemos as botas de auga e... A MARISCAR.

Canto aprendemos e que ben o pasamos!!!

Pero non rematamos aquí. Aínda nos quedaba por ver o punto de control onde fan a selección do marisco para a súa primeira venda na lonxa.

Despois da intensa mañá, degustamos unha deliciosa comida elaborada con produtos do mar.

 

FOI UNHA MAÑÁ XENIAL.

GUSTARÍANOS REPETIR A RUTA O VINDEIRO CURSO!!!

 (Se clicades en calquera das fotogafías, accederedes á galería para ver a saída completa)

 

SAÍDA 2.º + 3.º CICLO: MUSEO DO MAR

Venres 13 de marzo de 2015

Os alumnos/as do 2.º e do 3.º ciclo de Primaria puxemos rumbo a Vigo para visitar o Museo do Mar.

 

A primeira parada foi na praia de Samil, onde merendamos e desfrutamos ao grande dunha mañá moi soleada.

Ao rematar dirixímonos ao Museo.

Os nenos/as de 5.º e 6.º convertémonos en verdadeiros arqueólogos.

Mentres tanto, no 2.º ciclo viaxamos ao fondo do mar.

 

Foi unha mañá fantástica!!!

 

Se queredes acceder á galería, clicade en calquera das fotografías.

 

SAÍDA DO 1.º CICLO: EXPOSICIÓN/TEATRO

Xoves 5 de marzo de 2015

O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria realizamos unha saída didáctica a Pontevedra.

 

En primeiro lugar asistimos a unha exposición no Café Moderno titulada:

(Para saber máis sobre esta exposición premede na imaxe)

 

Comezamos a visita coñecendo a arte do gravado a través de artistas tan coñecidos como Miró, Dalí ou Picasso.

 

Logo practicamos a técnica realizando os nosos propios gravados nun taller moi divertido.

 

Para rematar, dirixímonos ao Centro Social Afundación para ver a obra de teatro "Os narigudos", na que uns personaxes un pouco peculiares nos contan as súas aventuras.

(Clicade sobre a imaxe para coñecer o argumento)

 

FOI MOI DIVERTIDA!!!

Podedes descargar a unidade didáctica con actividades sobre a obra nos documentos adxuntos ou premendo aquí.

 

Para acceder á galería e ver toda a saída clicade na seguinte fotografía:

 

SAÍDA INFANTIL + 1.º CICLO: SALÓN DO LIBRO

Martes 3 de marzo de 2015

O tema do Salón do Libro deste ano foi...

 

DA CIENCIA Á FICCIÓN

 

Tiñamos moitas ganas de visitalo para ver marcianos, naves espaciais, cohetes e moitas sorpresas máis.

 

Primeiro fomos ver a obra de teatro "A guerra dos números", unha curiosa historia baseada nun conto de OQO na que unha adiviña e unha investigadora intentan resolver a desaparición do número 7. 

 

Logo realizamos unha visita polo Salón. Encantounos a decoración e os traballos realizados polos colexios participantes.

 

Ademais, algúns tivemos a sorte de que nos elixiron para falar nunha emisora de radio. Que nervios!!!

 

Pero... as sorpresas non remataron aquí. Sabedes quen estaba agardando na saída para despedirnos?

ORBIL, a mascota do Salón do Libro!!!

 

AGARDAMOS VOLVER O ANO QUE VÉN!!!

(Clicade en calquera das fotografías para acceder á galería)

 

SAÍDA DO 3.º CICLO: BOMBEIROS/TEATRO

Luns 19 de xaneiro de 2015

Os alumnos/as do 3.º ciclo de Primaria realizamos unha saída moi divertida ao longo da mañá.

En primeiro lugar dirixímonos a Ribadumia. Aí agardaban por nós os bombeiros para ensinarnos as instalacións e explicarnos como desenvolven o seu traballo.

Pasámolo en grande probando os seus traxes, subindo na cesta que empregan para chegar a grandes alturas e dando unha volta no camión.

Despois de tantas emocións, fomos a Pontevedra ao Auditorio Caixanova para ver unha obra de teatro moi entretida.

 

Esperamos repetir o vindero curso!!!

 

Clicade sobre as fotos para acceder á galería.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITAMOS A ADEGA "ALBARIÑO DA OCA"

Xoves 11 de decembro de 2014

O alumnado do 1.º ciclo de Primaria visitamos a adega "Albariño da Oca".

Así de contentos fixemos o percorrido camiñando.

En canto chegamos ensináronnos algúns animais, entre eles varias ocas, xa que son as que lle dan o nome á adega.

Logo pasamos a ver as instalacións. Aí amosáronnos o proceso de elaboración do viño, dende que se recollen as uvas ata que se etiquetan as botellas.

 

 Foi unha mañá xenial!!!

Moitas grazas a Elías Barreiro e a Pablo por adicarnos o seu tempo e ensinarnos a adega.

 

Se queredes ver toda a visita, só tedes que clicar na seguinte fotografía para acceder á galería.

 

PEQUENOS PANADEIROS!!!

Mércores 3 de decembro de 2014

Os nenos/as de Educación Infantil pasamos unha xornada fantástica visitando a pandería Lorena.

Como está moi cerca do colexio, fixemos o recorrido camiñando.

Cando chegamos, tiñan unha gran mesa preparada para nós.

En canto a masa estivo feita puxémonos mans á obra.

Só quedaba meter os doces no forno. Despois duns minutos... mirade que boa pinta!!!

Estaban riquísimos!!!

Así de contentos volvemos ao colexio cos nosos pasteis.

 

 Se queredes ver toda a xornada clicade na seguinte fotografía:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut