Actos, Día de

O IES de Chapela clama pola súa segunda praza de Orientación

Asun e Chiti

Esta pasada semana despedimos ás profesoras do Departamento de Sanitaria Asunción Gómez e Concepción Bandín. As dúas desenvolveron unha boa parte da súa carreira profesional no IES de Chapela. Aquí deixaron Asun e Chiti parte dos seus folgos e ilusións para construír o centro que hoxe en días somos, e ser xa, memoria compartida das nosas aulas. Longa vida compañeiras!

Ciao, Xoán Carlos

    Hoxe despediuse do IES de Chapela o noso compañeiro e profesor de Xeografía e Historia, Xoán Carlos Abad Gallego. Logo de moitos anos dedicados á docencia, dos que vinte e oito o foron no IES de Chapela, cruzou a porta coa súa mascarilla e a cabeza ben alta. Alta pola súa talla, e polo labor desenvolvido no centro durante tantos anos. Recordamos a Xoán Carlos transitar polos corredores do instituto portando mapas que semellaban lanzas e que facían que a súa alta e delgada figura semellase á dun Don Quixote da docencia. Marchou como o coñecemos, tranquilo, sorrinte e afable, seguro que disposto a seguir investigando sen tregua sobre a nosa historia que coñece coma ninguén. As nosas portas sempre estarán abertas. Botarémoste de menos, compañeiro.

Consello Municipal de Infancia e Adolescencia (CLIA) de Redondela

O pasado 28 de maio celebrouse unha videoxuntanza do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia (CLIA) de Redondela. Na reunión participou a alumna Laura Fernández Rodríguez (1º ESO) representando ao IES de Chapela. Moitas grazas Laura por levar a nosa voz. Deixámosche un resumo con foto da videoconferencia. 

 

Xornada de Portas Abertas

A meca manda...

Vídeo Día Internacional contra a violencia de xénero - 2019 / 2º CS Educación Infantil

Vídeo realizado polo alumnado e profesorado de 2º de Educación Infantil do IES Chapela, para o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha interpretación da canción "Sólo quiero bailar" realizada por Miguel Ángel Maroto Negrete xunto co alumnado do IES Maestro Juan de Ávila.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero - 2019

O 25 de novembro a comunidade educativa do IES Chapela volveu manifestar o seu rexeitamento á violencia de xénero. O alumnado de 1º ESO C leu un manifesto no que explicou o motivo polo que se identifica a cor morada coa violencia de xénero e no que que expresaron a súa opinión sobre o tema, deixando claro o que queren e o que non. Dun xeito simbólico o alumnado construíu o seu camiño sen violencia, expresando con carteis aqueles comportamentos que rexeitan e substituíndoos despois por outros que si aproban.

FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA.

SEN NINGÚN XÉNERO DE DÚBIDA

 
25N
25N

Mes da Ciencia en galego

20-11-2019 / Día Internacional da Memoria Trans

Día Internacional da memoria trans
 

Hoxe, 20 de novembro, conmemoramos no IES de Chapela e en todos os institutos de Redondela, o Día Internacional da Memoria Trans. Cun acto apoiado polas asociacións Irisar, Pulse, Nós Mesmas e Euforia, e que contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a comunidade do IES de Chapela afondou na loita polo recoñecemento da diversidade na orientación sexual e na identidade de xénero. Unha loita na que se denuncia a transfobia e a violencia contra as persoas que forman o colectivo trans. O IES de Chapela solidario coa súa causa. A causa dunha sociedade xusta e libre.

Distribuir contido