Actos, Día de

Cabodano para a esperanza

     

No 2º cabodano de Sesé Mateo o seu fillo Joshua visita o IES de Chapela cun agasallo moi especial, o libro cos poemas da súa nai, en cuxa edición colaborou o noso instituto. No IES de Chapela as cámaras de TVE1 entrevistaron a Joshua, quen tivo palabras de amor, de loita, esperanza, xustiza e superación.

O día 7 de marzo, ás 20:00, no Multiusos do Piñeiral do Crego, presentarase a obra No camiño do vento. Alí estaremos.

Xuntanza de voceiros - Cidades amigas da infancia

    No marco do programa Cidades Amigas da Infancia tivo lugar no Concello de Redondela este 17 de xaneiro a Xuntanza de voceiros, previa á convocatoria do pleno xuvenil. Yaiza Álvarez Soto e Mikias Anxo Prieto Rivas de 1º ESO, representaron ao IES de Chapela acompañados pola profesora Isabel Alonso.

Goodbye, Alicia!

 

 

Á volta das vacacións xa non teremos á profesora de inglés Alicia Domínguez con nós. Despediuse logo dunha dilatada carreira profesional na docencia, coa que durante 26 anos o IES de Chapela tivo a sorte de contar. Na biblioteca, o lugar onde pasou moitas horas do traballo, foi abordada a traizón polo alumnado, profesorado e persoal non docente do instituto. Alí agasallounos coa súa derradeira clase. Agradeceu a comunidade educativa todo este tempo en Chapela, e ademais do mellor, desexounos sobre todo ter a sorte que tivo ela: elixir estudar e traballar no que quixo. Por último regalounos un consello: “Aproveitade o  tempo que ides estar no instituto, vai ser o mellor tempo que ides pasar na vosa vida. Saberédelo despois. Nunca ides ser tan libres e felices como agora.”

Goodbye! See you, Alicia!

Bo 2019

Redondela - Cidade amiga da infancia

    O alcalde do Concello de Redondela, Javier Bas, e a Concelleira de Urbanismo e Servizos Sociais, Mª Carmen Amoedo, acudiron hoxe ao IES Chapela para facer acto de entrega ao alumnado de 1º ESO A, do diploma que recoñece a Concello de Redondela como “Cidade Amiga da Infancia”. O recoñecemento, outorgado por UNICEF, valora o compromiso do noso concello cos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, vixente para o período 2018-2022. O alumnado do IES de Chapela que o ano pasado cursou 4º ESO, e o que actualmente está en 1º ESO A, coa inestimable colaboración da súa titora Mª Isabel Alonso Barros, cooperou para que Redondela conseguise este recoñecemento. A comunidade educativa séntese orgullosa do noso alumnado.

Día da Diversidade Funcional

 
Hoxe 3 de Decembro, dia da Diversidade Funcional, o alumnado de 2° APSD e dúas profesoras vivimos unha estupenda xornada de convivencia en dúas das sedes que AGASFRA- San Francisco ten en Vigo (Rúa Tomás Paredes e Coia).
 
Agradecemos á dirección, ós profesionais e sobre todo aos usuarios e usuarias a acollida que nos brindaron, o tempo adicado e os agasallos que nos elaboraron.
 Imaxe1  Imaxe2
 Imaxe3  Imaxe4
 Imaxe5  Imaxe6
 Imaxe7  Imaxe8
   

25 de novembro 2018 - O IES Chapela di NON

     
 
Alto e claro, a comunidade escolar do IES Chapela berrou hoxe NON á Violencia de xénero contra as mulleres. Desde a mañá ata a noite, o alumnado, profesorado e persoal non docente do noso instituto, realizou actividades para recordar as que están e as que non están: confección de carteis, lazos, visionado de curtas e videoclips, performances... e un sobrecolledor minuto de silencio. Desde o Concello de Redondela, Lidia Bastos González (1º ESO A), en representanción do seu grupo e de todas e todos nós, leu parte do manifesto municipal do Día contra a Violencia de Xénero redactado por alumnado de todo o concello. E por suposto, lembramos a nosa veciña e amiga, Sesé. Grazas a todas e a todos por ser como sodes.
 
     

 

Presentación sobre Domingo Fontán

Dentro dos actos polo Día da Ciencia en Galego, o pasado venres no vestíbulo do IES Chapela puidemos coñecer o importante traballo do xeógrafo e matemático galego Domingo Fontán grazas á interesante presentación do alumno de 2º ESO Aarón Bóveda Crespo.
Domingo Fontán, designado Científico Galego 2018 pola Real Academia das Ciencias, foi o autor en 1834 do primeiro mapa de Galicia realizado con medicións matemáticas cunha precisión extraordinaria para a época. Grazas a el Galicia contou durante moito tempo cun mapa máis preciso que o de calquera outro territorio do Estado Español.
Presentación Presentación

Acto entrega de diplomas I Día do maior

O alumnado do CM  de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do CS de Integración Social de modular, asistiron ao acto de entrega de diplomas aos voluntarios e voluntarias que colaboraron na primeira edición do Día do Maior, celebrada en Redondela o pasado mes de maio. Na mesma xornada  tivo lugar o acto de presentación da segunda edición, na que tamén participarán os alumnos e alumnas destes ciclos. Nova en Faro de Vigo.

Día do maior

Día do maior

A Biblioteca Municipal de Chapela levará o nome de Xela Arias

 

Xela Arias no IES Chapela, febreiro de 2001

   

O IES Chapela pon nome á Biblioteca Municipal de Chapela. A proposta do grupo da biblioteca do IES Chapela de que a poeta, tradutora e profesora Xela Arias Castaño (1962-2003) dese nome á Biblioteca Municipal da parroquia, gañou o concurso organizado polo Concello de Redondela. O IES Chapela quixo lembrar con esta candidatura ademais do labor desta muller galega boa e xenerosa, o seu paso polo noso instituto como profesora no curso 2000-2001. Lembrámoste compañeira! 

Nova en Faro de Vigo, 4-10-2018

Nova en Atlántico Diario, 30-10-2018

Distribuir contido