Actos, Día de

8 de marzo de 2012 - Día Internacional da Muller

O 8 de marzo de 2012 tivemos a sorte do contar novamente entre nós con José Antonio Torres, membro de Bombeiros sen Fronteiras [BsF], esta vez para falarnos da situación da muller aquí e nas distintas partes do mundo. Coñecedor de moitas realidades sociais pola súa  colaboración en  tarefas humanitarias en diferentes países e defensor dos Dereitos Humanos [DDHH], axudounos a desvelar as ENTRETELAS DA DESIGUALDADE, desmontar prexuízos con respecto a  outras culturas, recoñecer os nosos comportamentos machistas e dar un paso máis cara á concienciación da necesidade de valorar e respectar ás mulleres.

Unha vez iniciada a  súa intervención, e cando xa nos tiña a todas e a todos interesados coas súas historias ao longo do mundo, sacou unha  prenda traída de Afganistán. A través dela entendemos un pouco máis as entretelas da desigualdade. O interese dista charla centrouse en que todas e todas déramos un paso máis cara a unha sociedade máis igualitaria, porque o machismo é unha actitude e unha conduta, individual ou colectiva, que pode ser modificada pouco a pouco a través da educación.

pica para ver as fotos

Entretelas. Conxunto de circunstancias ou sentimentos máis ocultos e íntimos.

 

FOTOS en PDF 

O IES Chapela en defensa do ensino público / 15-12-2011 (Vídeo)

Acto de benvida ao alumnado de 6º EP dos CEIPs - 2011

O 20 de xuño de 2011 visitáronnos os futuros novos compañeiros e compañeiras de 1º ESO. Parece que desfrutaron da visita e están ansiosos e ansiosas as por empezar a estudar aquí. Aínda así, mostraron a súa preocupación por pasar de ser os maiores dos colexios  a ser os pequenos do IES CHAPELA.

FOTOS en PDF

Visita alumnado de Monçao - 2010

Aula de Tecnoloxía Rogelio Yebra


 

 
 
 
 
O luns día 8 de marzo  de 2010, lembramos cunha pequena ao noso compañeiro Rogelio Yebra Puig. Fixemos entrega á súa familia do premio "IRENE" e dun albúm de fotos; asemade, descubriuse unha placa na que figura o seu nome, na aula de tecnoloxía.
 
Distribuir contido