Actos, Día de

Vaise o noso Tito

Así, rodeado de alumnas e alumnos, váisenos don Augusto Suárez, o noso Tito, logo de  trinta e cinco de docencia dos que nos regalou vinte e cinco no IES de Chapela. Na súas últimas palabras como profesor do centro dixo ter sensacións contraditorias, querer xubilarse mais ter claro que añorara a docencia e o contacto co alumnado. Nós si que te botaremos de menos no instituto, as túas clases, o teu humor e a túa maxia. Sé moi feliz e non nos esquezas compañeiro!

Día Internacional da Saída do Armario - 2019

O venres 11 de outubro, celebramos no IES Chapela o " Dia Internacional da Saída do Armario", para visibilizar  a diversidade afectivo sexual e de xénero, cun banco de cores, enchendo de cor, respecto e igualdade o centro.
 
Día Internacional da Saída do Armario Día Internacioanl da Saída do Armario 10 Día Internacioanl da Saída do Armario 12 Día Internacioanl da Saída do Armario 13
Día Internacioanl da Saída do Armario 11 Día Internacional da Saída do Armario 2 Día Internacional da Saída do Armario 3
Día Internacional da Saída do Armario 4 Día Internacioanl da Saída do Armario 5 Día Internacioanl da Saída do Armario 6
Día Internacioanl da Saída do Armario 7 Día Internacioanl da Saída do Armario 8 Día Internacioanl da Saída do Armario 9

Acto de presentación do Curso 2019/20

 Presentación ESO e BACH Acto de presentación 7
Acto de presentación 4 Acto de presentación 2
 Acto de presentación Ciclos Formativos Acto de presentación 1
Acto de presentación 9 Acto de presentación 5

 

Xincana Fin de Curso 18/19

Para rematar as actividades programadas para o venres 21 de xuño, celebramos unha xincana na que competiron, por equipos, os alumnos , alumnas, profesores e profesoras de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Por último, aproveitamos a xornada para entregar os premios e recoñecementos ao alumnado e profesorado que participou nos distintos proxectos que se desenvolveron durante o Curso 18/19.

 

 
   
   
 
 
     
     

Actividades Fin de Curso 18/19

Fai clic na imaxe correspondente para acceder á galería de imaxes do acto.

 

 
 
 

XXIII Promoción - 2º Bacharelato - 2019

 

     

O día 24 de maio de 2019 celebramos na Aula de Conferencias do IES Chapela o remate de Bacharelato da nosa XXIII Promoción. Foi un momento para compartir lembranzas entre o alumnado de 2º Bacharelato, nais, pais e profesorado.

No mesmo puidemos visionar un pequeno audiovisual que por problemas de copyright coa música non podemos subir a plataformas como youtube ou vimeo. Deixámosvos un enlace máis abaixo para que poidades visionalo e descargalo desde a nosa páxina.

Moita sorte a todas e a todos co que a partir de agora enfrontedes. Foi un pracer.

Visionar e/ou descargar o audiovisual (319 MB)

XXIII Maratón Día das Letras Galegas

XXIII Maratón que conmemora o Día das Letras Galegas, celebrarase o xoves, 16 de maio, no CEIP de Laredo e os seus arredores, en Chapela de abaixo. É un proxecto conxunto entre o IES e os CEIPs de Chapela. Desenvólvese en horario de mañán coa participación do alumnado e profesorado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de ordinaria e modular.
 Maratón Letras Galegas
 

Horario:

10:30:  O alumnado baixa camiñando ata o colexio de Laredo, acompañado dos profesores e profesoras.

10:30 - 12:00: Actividades programas no CEIP de Laredo.

12:00:  Saída da carreira. 

13:00:  Entrega de medallas. Ao remate, os alumnos serán acompañados aos autobuses que os esperarán na Alameda de Chapela.

13:15:  Os autobuses recollen ao alumnado na Alameda de Chapela.

Tedes toda a información do percorrido e das actividades organizadas na páxina web do CEIP de Laredo

 

 Para participar debes anotarte na Conserxería, no listado para facer a maratón correndo ou andando ou no listado de voluntarios, se queres colaborar coa organización prestando a túa axuda nos puntos de control.

A partir dos luns 13 de maio poderedes recoller as camisetas, dorsais e demais acreditacións.

 

Non te quedes parad@!

Anímate e participa!

 

No camiño do vento - Sesé Mateo / Marzo 2019

O IES de Chapela e a familia Mateo presentaron o xoves 7 de marzo o libro No camino do vento de Sesé Mateo. Nun acto emocionante no que se lembrou a nosa veciña, muller loitadora e comprometida, o noso alumnado deu vida aos textos de Sesé. Con forza, sentimento e orgullo, Anxo, Katia, Xela, Icíar, Claudia, Gorka, Miriam, Paula, Ilenia, Noelia e Sofía, representaron ao noso centro e fixeron bo aquilo de que a poesía é unha arma cargada de futuro. Aquí os tedes na foto na compaña de Joshua, fillo de Sesé, e de Olga, a vicedirectora, que abriu o acto. Moitas grazas a todas e a todos por ser como sodes. Nova en Faro de Vigo.

8 de Marzo de 2019 - Día Internacional da Muller

  

 

Entroido 2019

 

Entroido 2019

ANÍMATE E PARTICIPA!

 

PREMIOS PARA OS MELLORES DISFRACES NA MODALIDADE INDIVIDUAL E DE GRUPO!

 

TEMÁTICA: O MEDIOAMBIENTE

POLA MAÑÁ: A PARTIR DAS 12:45

POLA TARDE: A PARTIR DAS 19:30

DESCARGAR AS BASES DO CONCURSO

Distribuir contido