Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión para que as nosas bibliotecas se comprometan como defensoras da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Para que conformen o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, no que se promova unha participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Imaxe do IES San Paio (Tui-Pontevedra)
As bibliotecas escolares galegas promoven, nesta data, actividades variadas e recompilacións de recursos:
- CEE Miño (Ourense): Día da Paz
- CEE Saladino Cortizo (vigo-Pontevedra): Programa de radio especial para celebrar o Día da Paz
- CEIP A Carballeira (Pontevedra): Guernica pola Paz, Obradoiro de poesía pola Paz
- CEIP A Cristina (carballo-A Coruña): Selección de lecturas, Celebración
- CEIP A Paz (Vigo-Pontevedra): Recuncho da Paz
- CEIP A Ponte (Lugo): Abecedario da Paz, Dí non a... , Paz é ... , Libros de Paz
- CEIP P. Albiño Núñez (Ourense): Recursos, Actividades
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Selección de lecturas como espazo de convivencia
- CEIP A.D.R. Castelao (Rianxo-A Coruña): Día da Paz e da Ilustración
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): Mulleres Nobel da paz e o Mundo en Guerra
- CEIP de Ardán (Marín-Pontevedra): Pinga a pinga construímos o noso océano PAZ-ÍFICO
- CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela-A Coruña): Caixas da Paz, Móvete pola Paz, Quiz Día da Paz
- CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco-A Coruña): Traballando os Nobel da Paz
- CEIP P. do Camiño Ingés (Oroso-A Coruña): Poemas de Paz
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo/Cotobade-Pontevedra): Día da Paz e a Non Violencia Escolar
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Semana adicada á Paz
- CEIP Condesa de fenosa (O Barco de Valdeorras-Ourense): Programa de Dino Radio pola Paz no ano da Vacina
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Día da Paz
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Día da Paz 2021 en lingua de signos
- CEIP P. de Chancelas (Poio-Pontevedra): Un Haiku pola Paz
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Libros para o Día da Paz, Inventos e mensaxes
- CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Ecoperegrinaxe pola Paz
- CEIP P. Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro-A Coruña): O voluntariado comparte o Día da Paz co CRA
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): Libro dixital da Paz 2021
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día da Paz
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día da Paz-2021
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Día da Paz e da Ilustración (radio, impresión 3D, cooperación creación...)
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): A misión extraterrestre de Memi
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Día da Paz no cole
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Lectura do voluntariado
- CEIP P. de Louro (Muros-A Coruña): #ODS16-Paz, Xustiza e institucións solidas
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Paz e igualdade, Paz en 3D
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Día da Paz 2021
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Exposición "Leo le... Paz!", Semana da Paz e Lab.Documental
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás-Ourense): Día da Paz e Non Violencia
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Hora de ler, Conexión biblioteca, Debuxando Imagine
- CEIP P. Mosteiro de Caaveiro (A Capela-A Coruña): A clave para a Paz
- CEIP O Mosteirón (Sada-A Coruña): Viaxe pola Paz
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Recomendacións lectoras, Verbalizando a Paz
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día da Paz e da Non Violencia
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Vacinas para a Paz
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Dia da Paz e Non Violencia
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Día da Paz 2021. O nacemento do dragón (teatro de sombras)
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda-Pontevedra): Lecturas pola Paz!
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Selección de lecturas
- CEIP Rosalía de castro (Padrón-A Coruña): Día da Paz, Contos pola Paz
- CEIP San Pedro de Visma (A Coruña): Celebramos o Día da Paz con hábitos saudables
- CEIP Santa Baia (Boiro-A Coruña): Día da Paz e Non Violencia (Radio)
- CEIP P. Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Nobeles da Paz, Día da Paz
- CEIP Seixo (Marín-Pontevedra): Curtas e conversas, Mulleres pola Paz
- CEIP P. de Sigüeiro (Oroso-A Coruña): Día Escolar da Non Vioelcia e a Paz
- CEIP Torre-Cela (Bueu-A Coruña): Museo da Paz
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral-A Coruña): Xeografías Lectoras: Poemas e non problemas
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Solucionamos conflitos pacíficamente (escape-book), A Paz en 3D
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Propostas, Actividades
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Exposicións, Fotos para a Paz
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Día da Paz 2021
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Proposta, Un nen@, unha árbore!
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Día Escolar da Non Violencia e a Paz
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): Axenda pola Paz - "5 minutos en 5 días"
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Venres de Alucine, A Paz comeza cun sorriso
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Poesía-express, Guía de lectura, Pedras no camiño
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Cosendo Estrelas pola Paz no Camiño do Mar
- IES Agra do Orzán (A Coruña): Vacinas para a Paz
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Cine pola Paz
- IES Illa de San Simón (Redondela-Pontevedra): Lecturas polo Día da Paz!, Banda Deseñada pola Paz!
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Hora de Ler, Celebración
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Exposición Mulleres Premios Nobel da Paz
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Guerra e Paz de Cine!, Guerra e Paz na Sétima Arte, Lecturas de Guerra e Paz, Letras de Paz (escolma poética), "La Paz" conto de Emilia Pardo Bazán
- IES Xesús Taboada Chivite (verín-Ourense): Día da Paz