Decembro 2018

Finais de Volei

Finais de Volei

Pavillón Randufe

19-12-18

O pasado día 19 de decembro, tivo lugar a última  xornada de Volei de esta campaña escolar. Do noso colexio participaron 3 equipos de categoría Benxamín Mixto e 3 equipos de categoría Alevín Mixto. Aquí vos deixamos as clasificacións e algunas fotos da xornada.Noraboa aos gañadores e campións.

Podedes atopar máis fotos e videos en Agrudebam: https://www.agrudebam.es/horario-extraescolar/volei/

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Sobrada

 Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Luns  día 19 de Decembro de 2018

 O pasado Luns día 19 de Decembro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 10:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 3ºA, 5ºA. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos do Ceip Sobrada. Grazas por facer posible unha xornada onde disfrutamos e pasámolo moi ben xogando a: Minibalonmán, Minibaloncesto, Minivolei, Bádminton e Fútbol-sala. 

 

 

Enquisa sobre hábitos de vida saudables

Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro. Convidámosvos a que cubrades a seguinte enquisa de xeito anónimo, sempre respetando a veracidade das respostas. Cantos máis cubramos a enquisa máis reais serán os resultados da actividade física que temos nas  escolas Erasmus+ que formamos o proxecto. Grazas por adicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Preme nas letras que teis a continuación para cubrir a enquisa.

Enquisa en Español Enquisa en Inglés
 

Tamén podedes cubrir a enquisa facendo uso do código QR da mesma.