Septembro 2021

Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.

Enquisa sobre Hábitos de Vida Saudables.

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración  como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro. Convidámosvos a que cubrades a seguinte enquisa de xeito anónimo, sempre respetando a veracidade das respostas. Cantos máis cubramos a enquisa máis reais serán os resultados da actividade física que temos nas  escolas Erasmus+ que formamos o proxecto. Grazas por adicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Preme na imaxe que teis a continuación para cubrir a enquisa.

Poemas Acrósticos e Imaxes de Tui.

Poemas Acrósticos e Imaxes 

das nosas escolas e cidades

Erasmus+

Tal como contamos anteriormente, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui ao igual que os compañeiros das outras escolas, debuxamos e pintamos os elementos que máis nos chaman a atención de Tui e tamén creamos poemas acrósticos. Estes foron os seleccionados é enviados a Armagh para elaborar un vídeo conxunto de todas as escolas, que vos deixamos aquí.

Moitas grazas ao profe Ramiro e ao alumnado que compuxo esta fermosa música.