Febreiro 2021

A Volta ao Mundo de Lúa

A Volta ao Mundo de Lúa

Xa estamos no mes de febreiro e seguimos a percorrer a milla un día a semana. Lúa xa avanzou ata Rusia, leva acumuladas moitas millas coa nosa axuda. Imos tentar rematar con Lúa a volta ao mundo este curso.

 

 

Lua´s World Tour

 

We are in February and Lua arrived to Russia thanks to us. Altough we can help her just once a week, we are doing a great job!

Alimentación saudable

Alimentación Saudable.

Semana da Froita

Continuamos coas semanas de froita fresca que dende fai varios cursos, Lúa nos trae ao cole. Dende o 14 ao 27 de xaneiro, gozamos de froita de tempada coa axuda do FOGGA. Esta vez tivemos arándanos, mandarina, clementina, piña, uvas, mazá, pera e plátano respectivamente.

É moi importante implantar un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde, se isto se consegue dende a infancia será máis sinxelo de acadar. Esperamos que este proxecto sexa un paso máis para conseguilo.

Contamos  coa imprescindible axuda dos mestres na preparación de toda esta froita e  no seu reparto polas distintas aulas. Grazas unha vez máis!.

O xoves 14 de xaneiro merendamos plátano riquísimo.

O venres 15 degustamos Arándanos deliciosos.

O Luns 18 de xaneiro comemos no recreo plátanos ben ricos.

 O martes 19 de xaneiro atrevémonos coas mandarinas e clementinas que estaban ben sabrosas.

 O mércores 20 de xaneiro tomamos uvas de moi boa calidade.

 

 O Xoves 21 tocounos probar as mazás.

O venres 22 recuperamos o sabor das mandarinas e clementinas que estaban ben deliciosas.

O luns 25 de xaneiro chegou o turno das peras.

O martes 26 foi o derradeiro día da mandarina e clementina.

Rematamos o mércores 27 de xaneiro co plátano, unha das froitas que máis nos gusta a maioría dos nen@s.

 Fresh Fruit Workshop

We continue with our “Fresh Fruit Workshop”. From 14th to 27th of January, our school receives some seasonal fruit for us. This time, we could enjoyed eating some blueberries, pineapple, grapes, bananas or apples.

It is really important that our children achieve a healthy lifestyle  so we must work with them since they are really young.

Poemas Acrósticos e Imaxes de Tui. Actividade 3º Ano Erasmus+

 

Poemas Acrósticos e Imaxes de Tui. 

Actividade 3º Ano Erasmus+

Con motivo da ampliación do Proxecto Eramus+ un ano máis, por mor da situación vivida durante o curso pasado, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui ao igual que os compañeiros das outras escolas, debuxamos e pintamos os elementos que máis nos chaman a atención de Tui e tamén creamos poemas acrósticos. Estes foron os seleccionados é enviados a Armagh para elaborar un vídeo conxunto de todas as escolas.

Pero aínda que as anteriores foron as seleccionadas o traballo feito polo noso alumnado foi incrible. Así que aquí vos deixamos fermosas imaxes de Tui, que paga a pena ver.

Tamén está a vosa disposición, na biblioteca do centro o libro que fixemos entre todos, coas vosas bonitas imaxes. Alí podedes ollalo coas vosas familias.

Moitísimas gracias a todo o alumnado, profesorado, etc...por facer posibles iniciativas coma esta.

 

Acrostic poems and Tui images

The following pictures, are an example of some marvelous creations that children  from our school  create. This was an Erasmus+ Project activity in which children from the different schools of the projects had to create some acrostics or images of their favourite landscapes or monuments. These ones where selected and sent to Armagh to create a cooperative video.

Mindfullness: A Resilencia

Curso de Formación para profesorado. O luns 8 de Febreiro de 2021, as 20:30h cunha duración de 1:30h levouse a cabo “ The Staff Mental Healt” online Course para profesorado dos centros do proxecto Erasmus+, coa participación de 48 mestres de todos os centros educativos: Armagh, Dublín , Varese, Figueira da Foz, Torrevieja e Tui. Unha experiencia fantástica organizada polo colexio coordinador do proxecto, que nos serviu para formarnos en Mindfullnes e ter un contacto máis próximo entre todo o profesorado

 

Resilence  online course

On February 8th at 20:30 teacher from CEIP Nº2 and the rest of the Erasmus project schools participate in the online course   “ The Staff Mental Healt”. 48  teachers from Armagh, Dublin, Varese, Figueira da Foz, Torrevieja and Tui were in the meeting.

Alimentación Sa e Saudable. Eramus+

Alimentación Sa e Saudable.  Eramus+

 

Estes días de merendas saudables imos convidarvos a probar a Tarta Di Rosi con Nutela que preparou Javier Docampo de 2ºA coa súa familia. Cociñouna  con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.

Moitas grazas a Javier e a súa familia. .Exquisita Javi.