Xaneiro 2019

Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 "Promover estilos de vida felices e saudables" Armagh Luns 21 de Xaneiro 19- Venres 25 de Xaneiro 19

Evento Conxunto de Formación do Profesorado

Erasmus + 18-20

"Promover estilos de vida felices e saudables"

Armagh

Lunes 21 de Xaneiro 19- Viernes 25 de Xaneiro 19

Durante a semana do 21 ao 25 de xaneiro de 2019, varios mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Colexio Christian Brothers Primary School de Armagh en Irlanda do Norte. Dito evento está incluido dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 
   

Na xornada do martes 22 de xaneiro de 2019, o profesorado tivo unha xornada de formación nun deporte típico de Irlanda: tomaron contacto co Fútbol Irlandés ou Fútbol Gaélico para ensinarllo aos nenos do colexio de Armagh e tamén aos nen@s do noso centro.

 

Na xornada do mércores 23 de xaneiro, visitaron a escola de Armagh, para coñecer o seu sistema educativo, as aulas, o alumnado, etc. Despois participaron nunha asemblea con todo o alumnado do centro na que se proyectaron os vídeos de deportes típicos de cada país socio do proxecto e tamén unha pequena exhibición de música e baile irlandés.

   

 

Finalmente, na xornada do xoves 24 de xaneiro e para rematar a estadía en Armagh, a formación xirou arredor do desenvolvemento do proxecto, formación en Erasmus+, plataformas eTwinning, etc.

 

Unha experiencia que tal como nos transmitían os compañeiros desprazados a Armagh, é moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 22 de xaneiro, deu  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos dunha tarde divertida xogando ao bádminton que compartimos cos nosos amigos/as do Ceip Randufe e Ceip Nº1 de Tui.

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal tivo lugar o  pasado sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráronse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino. Noraboa aos participantes.

Atoparedes información detallada en Agrudebam. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

 

Lúa agasállanos con pulseiras

A Milla de Lúa

Durante o primeiro trimestre e durante os recreos @s nen@s do cole estivemos recorrendo a Milla cada día. Nas aulas rexistramos con gomets o noso esforzo. Todas as clases percorremos moitas millas, tantas que conseguimos chegar ata Figueira da Foz. E Lúa como agasallo despois do Nadal, deixounos pulseiras de cor azul, por chegar a Figueira e animounos a seguir percorrendo millas para conseguir chegar a Torrevieja, que será o próximo obxectivo.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

O pasado venres día 18  de xaneiro de 2019 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 4ºC e 6ºB. Aquí vos deixamos as fotos dos bos momentos vividos e xogados cos amigos/as do Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. Grazas por facer posible unha xornada onde todos e todas o pasamos moi ben xogando a minibalonmán, minibaloncesto, minivoleibol, bádminton e fútbol-sala.

 

Feliz Navidad Ceip Nº2 de Tui

Feliz Navidad Ceip Nº2 de Tui

Desde el Ceip Nº2 de Tui queremos compartir con todos vosotros los mejores deseos sanos y saudables para el próximo año 2019.

 Tamén o alumnado de Infantil do cole preparou un video con todo o agarimo para todos vós, cos mellores desexos para o 2019. Pinchade na foto de abaixo para velo.

 

Aldea Galega

Aldea Galega

21-12-19

Con motivo do proxecto Erasmus+ 18-20, que se está a levar a cabo no centro, o equipo de Normalización Lingüística do centro propuxo realizar entre todo o colexio a maqueta de unha aldea galega, con elementos naturais, para que as escolas amigas do proxecto coñezan o noso entorno, as nosas tradicións e a nosa cultura. Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible unha actividade tan bonita coma esta.

Biblioboletín Nadal

Biblioboletín Nadal.

Cada trimestre enviamos ás familias un Biblioboletín dando conta do traballado durante o trimestre.

Correspondencia con Torrevieja

CORRESPONDENCIA CON TORREVIEJA

Moitos nenos e nenas do colexio escribiron unha postal de Nadal para os nenos e nenas do colexio " Las Culturas" de Torrevieja, que participa connosco no proxecto Erasmus+.

Estas son algunhas das que foron enviadas.

E tamén recibimos doce sobres cheos de felicitacións navideñas mandadas desde Torrevieja para os nosos nenos e nenas.

Moitas Gracias!!