Febreiro 2019

Os nenos de 4 Anos plantamos leitugas na Horta de Lúa.

Os nenos e as nenas de 4 Anos plantamos leitugas na Horta de Lúa.

Coa chegada do mes de febreiro, a subida das temperaturas e o bo tempo, @s nen@s de 4 anos fomos á Horta de Lúa. Alí estivemos plantando leitugas, que esperamos que medren antes de que cheguen as vacacións de verán. Con elas intentaremos facer unhas ensaladas deliciosas e moi saudables.

Plantamos árbores autóctonas para reforestar o Monte Galiñeiro durante a Aloiada 19

Plantamos árbores autóctonas  para reforestar o Monte Galiñeiro durante a Aloiada 19

@s alumn@s de 4º,5º e 6º de primaria durante este mes de febreiro reciclamos nas nosas casas bricks, botellas, vasos de iogur ... e trouxémolos á escola. Neles plantamos árbores autóctonas: castiñeiros, nogais, aveleiras, carballos, etc… Tivemos que coller terra da horta e regalas ben. Coas árbores que medren trataremos de reforestar o Monte Galiñeiro onde se levará a cabo a Aloiada 19 para o alumnado de 6º. O Monte Galiñeiro é un paraíso natural moi castigado polos lumes do verán de 2017.

Compostaxe para a Horta.

Compostaxe para a Horta.

Durante o mes de febreiro de 2019 puxemos en marcha o composteiro para preparar compós para a Horta. Fixémolo cos restos sacados de cando a estivemos a preparar para poder plantar esta primavera.

 

Xornada Erasmus+ coas Compañeiras do C.E.I.P Humberto Juanes de Nigrán

Xornada Erasmus+ coas Compañeiras do

C.E.I.P Humberto Juanes de Nigrán

O pasado xoves 21 de febreiro  estiveron con nós, no noso centro, Cristina (Directora) e Marta (Xefa de Estudios) do CEIP Humberto Juanes de Nigrán. Necesitaban saber como solicitar un proxecto Erasmus+ para o seu centro. Con elas estivemos as mestras Mª Carmen Vilches, Sara Rodríguez e Beatriz González, facilitándolles información de como se iniciou o proxecto Erasmus+ no noso centro e como se está a desenvolver. Agradecer a Mª Luz Ares, responsable en Galicia dos Proxectos Erasmus+, por pensar no noso centro para axudar ás compañeiras de Nigrán a entrar nesta fermosa aventura. Un pracer compartir con Cristina e Marta experiencias docentes.

Entrevista a Enrique Míguez e Manu Garrido

Entrevista a Enrique Míguez e Manu Garrido

Con motivo do Proxecto Erasmus+.

No mes de decembro alumnado de 6º do noso colexio, tivo a oportunidade de entrevistar aos padexeiros Enrique Míguez, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos dos Anxeles en 1982 e a Manu Garrido Campión do Mundo de Piragüismo.  Aquí vos deixamos o vídeo que forma parte das actividades a levar a cabo neste curso con motivo do Proxecto Erasmus+ " Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz".

Moitas gracias a Manu e a Quique, sempre dispostos a colaborar co alumnado do noso centro. Grazas pola aportación da vosa experiencia deportiva e humana.

 

Resultados Enquisa sobre hábitos de vida saudables

Resultados da enquisa sobre

"Hábitos de Vida Saudables".

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro.

Convidámosvos a cubrir a enquisa de xeito anónimo, aló polo mes de decembro. Xa temos os resultados da mesma. Grazas por dedicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Aquí vos deixamos os resultados para que valoredes.

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 12 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos desfrutados durante a tarde.

Vídeos deportivos Erasmus+

Vídeos deportivos Erasmus+

Vídeo Torrevieja Copbol 

 
Video Italia Deportes de Neve
 
 
Vídeo Dublín Hurling
 
 
Vídeo Armagh: Fútbol Gaélico.
 
 
Vídeo Portugal: Xogos de Patio.
 
 
Vídeo Tui: Deportes en Tui.
 
 

Campo a Través Provincial 18-19

Campo a Través Provincial 18-19.

Azucareira  de Portas

Xoves 7 febreiro 2019

O pasado xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei, representando aos colexios do Baixo Miño. Unha xornada estupenda na que tod@s participantes desfrutaron moito, xunto aos participantes doutros colexios da provincia. E onde Rania conseguiu un diploma. Noraboa a tod@s @s nen@s de 3ºB pola súa participación.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

 O pasado martes 5 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, na que xogamos cos compañeiros/as do Ceip de Randufe, Ceip Nº1 de Tui e Club Bádminton Tui.

Día da Paz Erasmus+

Día da Paz Erasmus+

30 xaneiro2019

Con motivo do día da Paz que se celebra o día 30 de Xaneiro, o alumnado de relixión do centro elaborou receitas de paz para compartir coas escolas compañeiras no proxecto Erasmus+ coas que estamos traballando no centro este ano. Grazas por esta mostra de receitas que nos achegan a acadar un mundo mellor.