Abril 2019

Xornada de Loita Galega 4º

Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19

O pasado mércores día 17 de abril, tivo lugar a Xornada da competición escolar de Loita Galega para  o alumnado de 4º. Dita xornada foi no Pavillón vello de Tui en horario de 10:00h-13:30h. Nesta xornada participaron o C.E.I.P Nº1 de Tui, o C.E.I.P Guillarei, o C.E.I.P de Randufe, o C.E.I.P de Rebordáns e o C.E.I.P Nº2 de Tui. Unha fantástica xornada onde o noso alumnado tomou contacto con xogos de iniciación a defensa persoal, a loita galega e o respeto aos contrarios.

Biblioboletín 2º Trimestre curso 18/19.

Biblioboletín 2º Trimestre curso 18/19.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

 

Grandes deportistas tudenses

Grandes deportistas tudenses.

@s alumn@s de 5º e 6º investigamos sobre os/as deportistas máis importantes de Tui. Sabemos que son moit@s, nós tivemos a sorte de contactar con moitos deles, conseguimos entrevistalos e fixemos por grupos a terceira tarefa deste curso, para o Proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro, un "Popplet" coa información máis importante sobre eles/as. Foi unha experiencia incrible.

Pincha enriba do nome de cada deportista para velo en grande.

                      Alvaro Pino.

                          Ciclista.

         Enrique Miguez

            Piragüismo

         Manuel Garrido

           Piragüismo

            Nuria Dominguez

                 Remo

      Marisa Giraldez

         Bádminton

              María González

                 Remo

Alvaro Rodríguez.

Corredor de Cross

Lara Feijoo.

Piragüismo.

Juan Carlos Lorenzo Pimentel.Piragüismo.

Diego Rocha.

Futbolista

Javi Niño.

Baloncesto

.

Andrea González.

Padel

     
     
     
     

Finais de Tenis de Mesa

Finais Tenis de Mesa 18-19.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

10 de Abril de 2019

O pasado,  Mércores día 10 de Abril,  tivo lugar  a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. Aquí vos deixamos as fotos dos partidos e da entrega de medallas. Noraboa a tod@s!.

Saúde bucodental. Vida sa e saudable

Saúde bucodental

Vida sa e saudable

O pasado martes día 9 os nenos e nenas de 5 anos recibiron a visita de Laura e Carmen. As dúas son mamás de nen@s do cole e expertas en saúde bucodental, Laura unha dentista que xa nos ofreceu una charla formativa ós profes e ás familias no primeiro trimestre, e Carmen higienista. Déronnos consellos moi interesantes que esperemos que se apliquen na vida diaria do noso alumnado. Grazas pola vosa colaboración!

Investigando sobre o corpo humano

Investigando sobre o corpo humano

En educación infantil estase levando a cabo un proxecto sobre o corpo humano. Primeiro coñecémolo para despois poder levar una vida san e saudable. Para poder investigar o máis próximo posible á realidade, os nenos e nenas puideron contemplar un corazón e un pulmón de vaca de cerca. Toda unha experiencia!

Alimentación saudable

Alimentación saudable

Continuamos co segundo período de froita fresca que Lúa nos trouxo o cole. Dende o luns 1 de abril ata o venres 5, puidemos volver a gozar de froita de tempada. Esta vez tivemos clementina, piña, uvas, melón e plátano respectivamente.

É moi importante implantar un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde, se isto se consegue dende a infancia será máis sinxelo de acadar. Esperamos que este proxecto sexa un paso máis para conseguilo.

Puidemos contar de novo coa imprescindible axuda das familias na preparación de toda esta froita e co alumnado de 6º de educación primaria no seu reparto polas distintas aulas. Grazas unha vez máis!

Patrulla de reciclaxe. Limpeza do noso patio

Patrulla de reciclaxe.

Limpeza do noso patio

Co paso dos meses comprobamos que a patrulla de reciclaxe segue facendo a súa labor de manter os patios limpos e concienciar o alumnado de seguir reciclando. Cada vez somos máis conscientes da importancia que ten manter en bo estado o medio ambiente e de non ser así, as súas consecuencias.

Restos orgánicos da froita para a nosa horta. Marzo de 2019.

Restos orgánicos da froita para a nosa horta.

Marzo de 2019.

A semana do 25 de marzo ao venres 5 de abril, tivemos o primeiro período de Froita Fresca que recibimos pola participación no Plan Proxecta aliméntate ben. Como este ano estivemos esforzándonos en reciclar cada desfeito ao seu colector, e nestas dúas semanas todos os restos orgánicos da froita foron o colector especial que temos no patio, para levar ao composteiro.

Os alumnos de 5 anos, colaborarón na selección de residuos e o transposte dos mesmos ao composteiro, para facer un bo compós para as plantas da nosa horta.

TashtagChallenge.

TashtagChallenge.

@s alumn@s de 5 anos levamos a cabo un ThashtagChallenge no patio do cole. Sairon a recoller toda a basura que @s nen@s do cole van perdendo polo patio. Con istoconseguiron ter un patio máis limpo e máis bonito para que todos disfrutemos do mesmo. Moitas grazas.

 

O mesmo fixo Gabriela de 4ºC unha alumna preocupada polo medio ambiente, que aproveitou unha tarde de lecer xunto a unha amiga, para levar a cabo un Challenge nas proximidades do Club do Remo Tui. Un moi fermoso perto do Río Miño que é digno de disfrutar sen papeis. Moitas gracias Gabriela por esta iniciativa e polos teus valores de respeto coa natureza.

 

Milla Erasmus+

Milla Erasmus+

30 de marzo de 2019.

Durante o mes de marzo de 2019 seguimos en cada recreo realizando a milla Erasmus+. Case todos os alumnos do cole aproveiramos este momento para realizar a milla e conseguir o noso gomet, para poner na clase e sumar millas. Durante o segundo trimestre tivemos gomets vermellos, a cor correspondiente a Torrevieja e agora xa estamos mudando á cor verde que corresponde a Dublín.

Como podedes comprobar no panel da Milla Erasmus+ @s nen@s de Infantil, 1ºA, 1ºB, 4ºB, 6ºB, 6ºC xa chegaron a Torrevieja.

Despois de tanto esforzo, Lúa deixounos un agasalliño nas aulas aos que chegamos. Unha carta animándonos a seguir sumando millas, para chegar a Dublín e unha pulseira de cor vermello a cor de Torrevieja.

A Lúa gustaríalle que as clases que ainda non chegaron a Torrevieja, se animen a sumar moitas millas durante o mes de abril, pois para elas tamén ten un agasalliño.

Merenda saudable

 Merendas saudable

Durante a semana do luns 25 ó venres 29 de marzo tivemos o primeiro período de froita fresca que ofertamos no cole. Ven da man do programa proxecta, aliméntate ben, e con el pretendemos implantar boas costumes alimenticias.

Lúa tróuxonos un montón de froita rica e saudable da que gozamos tanto o alumnado coma o profesorado, foi todo un éxito! 

Moitas grazas ás familias colaboradoras, sodes de gran axuda.

 O luns e o martes tivemos clementina e melón.


 

O mércores e o xoves deixounos amorodo e mazá.

E para rematar a semana tivemos uns deliciosos plátanos.