Maio 2021

A Volta ao Mundo de Lúa Un agasallo a final de curso.

A Volta ao Mundo de Lúa

Un agasallo a final de curso.

Á volta do mes de Maio, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.

Coas nosas millas xa se atopa en China. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Pelotas !. Que ledicia!.

 

 Agora xogamos coas pelotas, coa corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.

FAI CLIC AO TEU BOCATA

FAI CLIC AO TEU BOCATA

A semana do 18 de maio realizamos uns talleres chamados fai "clic ao teu bocata" no que puido participar todo o alumnado do centro. Consistiu nunha charla sobre animais mariños que posteriormente serven para meter en conserva e a entrega dun bocadillo envasado para cada alumno. O bocadillo tiña leituga, tomate, queixo e sardiñas. Estaba riquísimo! Os nenos e nenas degustaron os bocadillos e algún xa está adaptando a merenda a este e outros bocadillos similares.

 

 

 Sandwiches workshop

On the 3rd week of may, our students participated in a workshops called "Fai click ao teu bocata" where students learnt a little bit more about different fish from our region and how we can use that canned fish to prepare a sadwich. At the end of the speech, they give children some delicious sandwiches with lettuce, tomate, cheese and sardines.

EMOCIÓNS E SENTIMENTOS

EMOCIÓNS E SENTIMENTOS.

As emocións son estados afectivos que todos e todas experimentamos de forma innata. Os sentimentos son a toma de conciencia desas emocións.

Descubrir e diferenciar as distintas emocións e identificar os diferentes sentimentos que poden estar relacionados con cada unha delas forma parte do proxecto Erasmus do centro, co que  pretendemos desenvolver a competencia emocional do noso alumnado dotándoo de ferramentas que axuden a mellorar o seu benestar persoal e social.

Os nenos e nenas de 4ºA decidiron expresar os seus descubrimentos a través do que chamaron "CHUVIA DE EMOCIÓNS", unhas nubes con gotas nas que foron escribindo os estados de ánimo que son capaces de recoñecer en si mesmos e nos demais.

Agora están colgadas no teito da clase e axudarán a verbalizar como se senten cando están alegres, tristes, enfadados ou senten medo.

O proceso foi así:

 

O ARCO DAS EMOCIÓNS

Na clase de 4º A continuaron traballando con diferentes formas de expresar as emocións. Os nenos e nenas decidiron que un arco iris era unha boa forma de compartir cos demais como se sinten en determinados momentos.

 

CADERNOS DAS EMOCIÓNS

Nestes cadernos os nenos e nenas de 4ºA cóntanlles aos seus compañeiros/as como se sinten  nun momento dado, sempre de forma voluntaria,  e tamén piden o que necesitan.
No apartado de recomendaciones que ten cada folla, outros nenos ou nenas danlle ánimos ou consellos para superar a situación; ou, se o caso, felicitan compartindo a alegría das boas noticias.

 O AUBOBÚS DAS EMOCIÓNS

Os nenos e nenas de 4ºB decidiron expresar os seus sentimentos a través do que chamaron "O Autobús das Emocións", un autobús que fabricaron con moito detalle e que lles serviu para mostrar os seus estados de ánimo, e que  lles permitiu ser capaces de recoñecer  nos demais. Tamén fixeron un rexistro de esas emoción no que vivenciaron as súas emocións.

 

ÁRBORE DAS EMOCIÓNS

O alumnado de 3º decidiron expresar os seus sentimentos  a través do que chamaron "Arbore das Emocións". No pasillo do cole, fixeron unha árbore preciosa da que colgaron as follas cos seus sentimentos. Dándolle visibilidade as súas emocións e sentimentos.

 EMOCIONÓMETRO

O alumnado de 1º fixeron un " Emocionómetro". Tendo en conta as medidas e distancias, o alumnado de 1º expresou e recoñeceu os seus sentimentos nun precioso emocionómetro. Con papeis de cores foron escribindo cada unha das emocións que sentían.

 

 Emotions and feelings

Emotions are those affective states that all of us sense in an innate way. Feelings are the conscious and work of those emotions.

Discover and distinguish those emotions and identify different feelings are one of our main objectives this year. Children from 4th grade express those feelings trough their work called “Chuvia de emocions”. They create some clouds and the hang some drops where they wrote how they feel.

Día das Letras Galegas. 17 de Maio 21

Día das Letras Galegas.

17 de Maio 21

Baile Galego.

Para conmemorar o día das letras galegas, practicamos a Muiñeira, o baile tradicional más importante de Galicia. Aprender e poder transmitir o noso folclore e a nosa cultura é un dos obxetivos máis importantes de este día. O alumnado do CEIP Nº2 de Tui a ritmo de muiñeira, queremos compartir con todos vos un anaquiño de Galicia a nosa terra.

 
 
 "Dia das letras Galegas" (Galician bank holiday)
 
In order to celebrate this important day in our region, students from our school practice our most famous dance "A Muiñeira". They had a great time dancing and learning this popular dance.

1º e 2º de EP.- DA TEORÍA Á PRÁCTICA!!

Non se pode dicir que na nosa horta non hai movemento case a diario!!

Desta volta tocoulles aos alumnos de 2º A e aos de 1º A e B poñer en práctica nela o aprendido nas aulas. Hai que ver cómo lles gusta ir á horta e regar, plantar.....e ata preparar a terra!!!

 

E non esquezamos que todo o alumnado das aulas que plantaron van case todos os días a observar, arrincar malas herbas, regar....polo que a nosa horta é un espazo de aprendizaxe marabilloso para complementar o traballo das aulas.

 

 Lua's garden

We cannot say that our students don´t work in Lua's garden. Every day different students from different groups work in the garden: watering, planting, pulling weeds out, etc.

This time, 1st and 2nd grade prepare the ground and plant their seeds.

Manteis Emocionais.

A comezos do 3º trimestre Lúa convidou ao alumnado do CEIP Nº2 de Tui a unha nova aventura. Ademais de practicar Mindfulness a diario, propúxolles levar a cabo unha boa xestión das emocións: A rabia, a ira, a tristeza... que lles ía axudar a ter unha vida plena e feliz.

Para iso propúxolles elaborar manteis, paneis, cadernos... para expresar alí as súas emocións e facer unha boa xestión das mesmas.

 

Os nenos e nenas de 5ºA expresaron as súas emocións neste panel baixo o lema "hoxe síntome"

En infantil, aproveitando que están traballando as abellas, fixeron un gran panal das emocións.

Tamén nun gran mural expresamos as emocións que sentimos a través de debuxos.

 

 

 

 "Emotional Cloths"

To continue with our mindfulness activity, Lua brought us a new challenge. We had to create our "emotional cloths" where they should write how they feel every day.

The cloths and boards look fantastic!

 

As pedras emocionais. 3º de primaria.

As pedras emocionais. 3º de primaria.

O alumnado de 3º de primaria está aprendendo moito sobre as emocións.

Nestas pedriñas debuxaron cada unha das emocións básicas, así cada día ao chegar a escola poñen sobre o seu pupitre a emoción que senten ese día, como están as súas emocións cada día é importante para que os seus compañeiros poidan comprendelos e axudalos. Un traballo fantástico de este alumnado.

 

 Emotional Stones in 3rd Grade.

3rd Grade students are learning a lot about emotions. Every day, when the arrive to the classroom, they pick up the stone that show how they feel and place it on their table, so they can know how their mates feel and help them.

Mindfulness. As Emocións: Sorpresa, Ira.

Mindfulness.

As Emocións: Sorpresa, Ira.

Coa axuda do  Mindfulness podemos Ter un mellor Control

Emocional. 

Esta semana traballaremos algunhas das emocións, que están presentes no noso día a día para ir coñecéndoas ben: Sorpresa, Ira.

REMATAMOS!!!!

Pois si!!! O proxecto de creación e organización da horta de Lúa chega ao seu fin. Foron dous cursos moi intensos.....pero xa podemos dicir que o deseño fundamental da horta para que sexa un espazo útil, cómodo e funcional para que a nosa comunidade educativa o use para continuar aprendendo e formándose......está terminado.

Grazas a todos os que colaboraron neste proceso; alumnado, mestres, pais e nais, Jaime o noso conserxe, aos nosos familiares e amigos que tamén nos botaron unha boa man conseguindo materiais, fresando, cortando a herba,...etc.

Agora seguiremos vixiando e coidando que todo o que plantamos dé o seu froito!!! Manterémosvos ben informados.....

  Tedes un vídeo de como quedou a horta, premendo na seguinte imaxe....Guiño

 

 

 It is already done!

Lua's garden is ready! It was two years working really hard but, finally,  Lua's garden is well organized and ready for being used. Now, we had lot of different places to plant lots of different plants.

Now, we must take care of it.

A ARTE E A NATUREZA

En infantil 5 anos fixeron un proxecto relacionado coa arte con motivo do día da arte. E como non podía ser de outra maneira.....o proxecto foi todo un éxito......de aprendizaxe e de resultado visual.

Tendo como referencia á artista xaponesa Yayoi Kusama, este innovador proxecto levado a cabo polas mestras Merce e Ana tiña elementos de refugallo (uns zapatos) e elementos da natureza (unhas plantas).

 

SEMENTANDO SEN PARAR!!!

O alumnado de infantil, nesta ocasión o alumnado de 5 anos e de 3 anos B, fannos chegar unha pequena mostra do seu gran traballo na horta de Lúa. Os nosos pequenos agricultores pasaron uns momentos moi divertidos nela.

 Non Stop Seeding!

Our 5 year old children visit Lua's garden and they gave us some pictures showing the great work that they've done.