Xullo 2021

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui participa no IV evento Erasmus+ de Formación para profesorado en Torrevieja ( Alacante).

O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui participa no IV evento Erasmus+ de Formación para profesorado en Torrevieja ( Alacante).

28-29-30 de Xuño de 2021.

Dentro do Programa Europeo Eramus+ que O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui estamos a levar a cabo durante os cursos 2018-2021 co nome de  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o profesorado do centro estivo a participar dende o luns 28 ata o mércores 30 de xuño de 2021,  no “IV Evento de Formación para Profesorado en Torrevieja” polo que visitaron o CEIP as Culturas de Torrevieja (Alacante) xunto a todos os socios do proxecto. 

Este Intercambio de profesorado, estaba previsto para o curso pasado, onde tres mestres do CEIP Nº2 de Tui tiñan previsto viaxar a Torrevieja. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia tivo que ser cancelado.

Este será a derradeira dun conxunto de mobilidades de mestres, que permitiron a cohesión entre todos os participantes do proxecto e o seu desenvolvemento.

LUNS 28 DE XUÑO " Z U M B A C L A S S ".

 

O luns 28 de xuño de 2021 levouse a cabo a presentación do evento  para as escolas que participan na viaxe virtual, e unha sesión de Zumba para o fomento da actividade física. Na mesma participaron varios mestres do Ceip Nº2 de Tui. Unha xornada fantástica aplicable ás clases de Educación Física.

MARTES 29 DE XUÑO “ G A Z P A C H O  A N D  S AL M O R E J O  T I M E ”.

O martes 29 de xuño de 2021, realizamos unha xornada de Nutrición, na que cociñamos Gazpacho e Salmorejo, duas comidas ibéricas moi saudables.

 Aquí vos deixamos as recetas que coiñamos, para que as cociñedes nas vosas casas. Están riquísimas. Pinchade nas imaxes para ir á receita.

MÉRCORES 30 DE XUÑO " MINDFULNESS APPLIED TO EDUCATION ".

O mércores día 30 de xuño levou a cabo, unha sesión de Mindfulness aplicada á educación, da man de Marisol Gracia Antolinos. Unha oportunidade para coñecer  ferramentas para unha boa saúde física , mental e emocional na escola.

Moitísimas grazas ao colexio de Torrevieja por  fantásticas experiencias coma estas. Agradecer ao proxecto Erasmus+, ao Sepie e as escolas socias, estas oportunidades que dende o CEIP Nº2 de Tui vivimos e compartimos. 

 

 



 

CEIP Nº2 Tui participated in the

IV  Erasmus training for teachers in

Torrevieja

Within the European Program Eramus + that the Ceip Plurilingüe Nº2 of Tui carried out during 2018-2021 named "Promoting a Healthy and Happy Lifestyle", the teachers of the center have been participating from Monday 28 to Wednesday 30 in the "IV Training Event for Teachers in Torrevieja" where all project partners participated in an online visit to know Torrevieja school and learn lots of  different things .

This exchange of teachers was scheduled for last year, where three teachers from CEIP Nº2 in Tui had planned to travel to Torrevieja. Due to the circumstances arising from the pandemic it had to be canceled.

This will be the last of a set of teacher mobilities, which allowed for cohesion among all project participants and their development.

 

MONDAY 28TH “ZUMBA CLASS”

On Monday the online event started with a presentation of the school and followed by a a Zumba session to encourage physical activity. Several teachers from Ceip Nº2 took part in it. A great day applicable to Physical Education classes.

 

TUESDAY 29th  “G A Z P A C H O A N D S AL M O R E J O T I M E”.

On Tuesday  we held a day of Nutrition, in which we cooked Gazpacho and Salmorejo, two very healthy Iberian meals.

WEDNESDAY JUNE 30th  "MINDFULNESS APPLIED TO EDUCATION".

On Wednesday we participated in a Mindfulness session applied to education, led by Marisol Gracia Antolinos. An opportunity to learn about tools for good physical, mental and emotional health in school.

Thanks to the school of Torrevieja for the fantastic experience. We would like to thank the Erasmus + project, Sepie and the partner schools for these opportunities that we have lived and shared from CEIP Nº2 in Tui.