Decembro 2019

Biblioboletín 1º Trimestre curso 19/20.

Biblioboletín 1º Trimestre curso 19/20.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

DEPORTE ESCOLAR. Balonmán Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

O pasado martes día 17 de decembro de 2019, tivo lugar o Torneo de Nadal de  Balonmán, organizado polo Clube Balonmán Tui, para o alumnado de 1º a 6º que tivo lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos foi  de 16:00h a 19:00h. Unha xornada estupenda da que disfrutamos de balonmán cos nenos de nenas das escolas de Tui e Tomiño.

Gracias ao Clube Balonmán Tui por cotar con nós.

 

Handball 19-20

On December 17th, it was Christmas handball tournament organized by Tui’s handball club in Tui’s pavillion for students from 1st to 6th grade. It was a great day and we enjoyed playing with the students from Tui and Tomiño.

Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui- CEIP Sobrada

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2- Ceip Sobrada

Curso 19-20

Martes día 12 de decembro de 2019

 O pasado martes  día 12  de decembro de 2019  tivo lugar no pavillón vello de Tui a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre o Ceip Nº2 e o Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h e os cursos participantes do noso colexio foron 4ºA e 6ºC. 

Foi unha xornada onde todo o alumnado desfrutou da práctica do minibalonmán, volei, bádminton, baloncesto e fútbol-sala.

Moitas grazas ao alumnado e profesorado do noso centro, do colexio de Sobrada por esta xornada distendida e deportiva.

 

 
 
Intercentres dynamization CEIP Nº2- CEIP Sobrada.

On December 12th, students from 4th Grade A and 6th Grade C shared a great time playing with the students from CEIP Sobrada. They played Volley, Badminton, Basketball and Football.

Erasmus+: Aniversarios Saudables

Aniversarios Saudables

 Educación Infantil.

O alumnado de 3 anos do noso colexio está a levar a cabo a celebración dos aniversarios dunha maneira moi especial. Este ano celébranse de xeito saudable. Para isto, as familias veñen a escola e no restaurante de Lúa, axudan a preparar a festa cun menú riquísimo.

 

Moitas grazas a todas as familias polo esforzo e pola axuda para facer realidade a ilusión dos máis cativos.

 

 Healthy birthdays in Preprimary Education

Students from the 1st cicle of preprimary education are celebrating their birthdays in a very special way this year “Superhealthy birthdays”. Families come to our schools, in Lua´s restaurant, to help teachers and pupils to prepare a great party with the best snacks ever.

Thank all the families for the help and effort.

ACTUACIÓNS PARA A MELLORA

Os membros da Ecopatrulla reunímonos unha vez ao mes para reflexionar sobre o noso traballo e ver en que podemos mellorar. Na última reunión vimos a necesidade de recordar á nosa comunidade educativa a importancia de non botar, por exemplo, panos de man ao contedor de papel ou restos orgánicos no contedor do plástico.

Ocorréusenos unha actuación interesante para acadar este obxectivo.... facer un comunicado na radio escolar. Na web do cole, na sección da radio tedes o resultado.

Estamos moi contentos coa nosa labor e sabemos que contamos coa axuda de toda a comunidade escolar. Xuntos o conseguiremos!!!

 

   INTERVENTION FOR IMPROVEMENT

In its monthly meeting, the school ecological patrol concluded that it was important to remind the educational community the importance of its work. So, our volunteers decided to go to the school radio to remember basic things as, for example, that handkerchiefs do not go into the blue container or organic waste into the yellow one. They are convinced that we are going to succeed in this year mission.

 

 

Deporte na Escola: Volei

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 19-20

O mércores día 4 de decembro  tivo lugar a 2ª  xornada da competición escolar de volei no Pavillón do Ceip Randufe. Esta tamén foi a derradeira xornada da competición, na que se levou a cabo a entrega de medallas a tódolos participantes.

Na categoría benxamín participaron 3 equipos formados por nen@s de 3º e 4º. Na categoría alevín participaron 4 equipos do noso colexio, formados por alumnado de 5º e 6º.

 Tamén participou un alumno na categoría infantil. Noraboa a tod@s por esta xornada de volei, onde o importante foi a convivencia e o volei.

 Aquí vos deixamos o enlace a Agrudebam onde podedes ver os resultados. Moitas grazas a Agrudebam por xornadas coma esta.

 

Volleyball championship

On December 4th there was the school Volleyball championship in CEIP Randufe. It was the last journey of the competition so the medals were handed too.

From our school three teams from 3rd and 4th grade and 4th teams  from 5th and 6th grade, among others,  participated.

 

Here you have some pictures of the jorney.