Novembro 2020

A IMPORTANCIA DA COMPOSTAXE

Estes días que andamos a quitar o composteiro vello para poñer o novo nun lugar más axeitado da horta....démonos conta de que non se estaba a facer todo o ben que se debe......

Para recordar os restos que se poden botar ou non no composteiro, deixamos aquí unha imaxe de Revitaliza....

E ademáis aproveitamos para poñer aquí un vídeo sobre o tema feito por Sogama. Preme no ficheiro adxunto para poder velo.

  Compost is important for our planet

This week we bought a new compost bin for our garden. But when we took the old one we saw that we are not doing it as good as we can, so we decided to remind the things that we can put in the bin and the ones that we cannot.

QUERES FRAMBOESAS??

E seguimos avanzando na horta de Lúa.....desta volta xa temos quen se animou a plantar framboeseiros.....

Ainda teñen que medrar e dar os seus froitos...pero xa temos a man a receita da marmelada para rechear unhas "muffins" saudables....Sorriso

 

 

 Would you like some raspberries?

Our garden is growing, so we decided to plant some raspeberries. The plants are still small so we have to wait a little but we are already thinking about the delicious and healthy recipes that we are going to prepare with them.

LÚA VISITA AS AULAS

LÚA VISITA AS AULAS

 

Lúa visitou as clases do colexio para anunciar que a biblioteca está preparada para poder recibir a todos e a todas. Entregou a lista coas normas que teremos que cumprir para estar seguros/as e o plano coa nova distribución das mesas e cadeiras para que cada un saiba onde se pode ou non sentar. Ademais invitou a seguir participando un curso máis no circuíto da milla e a continuar traballando e colaborando cos nosos amigos europeos no proxecto Erasmus+.

HORTA LISTA!!

Paseniño, paseniño...vaise facendo o camiño......

Xa temos bautizada a nosa hortiña!!! A HORTA DE LÚA, non podía ser outro nome, a que non? É que a nosa Lúa é moi especial para o noso centro. 

O equipo Voz Natura traballou a contrarreloxio para ter a horta lista para sementar. Cortouse a herba, arrincamos malas herbas, fresamos a man os bancais e as rodas...e coa axuda de Jaime que rematou o peche da horta do lado dereito...temos todo listo!!

Quedou tan bonita!!! A que si??

 

Dende aquí, como mestra encargada deste proxecto no centro quero agradecer profundamente ao meu equipo Voz Natura e a Jaime a súa labor desinteresada e o seu esforzo por manter este proxecto vivo neste curso tan complicado. Así como tamén teño que agradecer ao equipo de mestres e mestras do Proxecto Plurilingüe que tanto o curso pasado como este deron forma á nosa horta.

Pero non pensedes que isto remata aquí....xa temos na recámara ideas para mellorar este proxecto...pasade por aquí de vez en cando....Guiño

 

  Lua's Garden

 Lua is so special for us, that we decided to call our vegetable garden “Lua’s garden”

“Voz Natura” team work so hard to prepare everything. They: mowed the grass, pulled the weeds off, prepared the terraces, … and now we are ready to plant our seeds!

It looks beautiful, don’t you think?

A volta ao Mundo de Lúa

A volta ao Mundo de Lúa 

No mes de Novembro retomamos a “Volta ao Mundo de Lúa” que comezamos o curso pasado. O confinamento non permitiu rematar a volta completa, así que este ano imos tentar entre todos rematala. Todos os días o alumnado do colexio percorreremos millas cada recreo, así conseguirémolo. Este ano vai ser un pouco distinto xa que coas medidas Covid-19 , soamente poderemos facer a milla un día a semana.

Para todo isto, primeiro preparamos o percorrido con nova sinalización.

Lúa mandounos unha postal dende Irlanda onde pasou o confinamento e explicounos como temos que facer este curso para axudarlle.

Así que nos imos a poñer en marcha para conseguir moitas millas axiña. Imos aló!!

 

 Lua's mile

 

In november we brought “Lua’s world tour” back. The pandemic situation didn’t let us finish the tour so this year we are going to try to do it all together. This year, Due to COVID-19 situation, pupils can only participate once a week.