Skip to Content

FINALISTAS DO CONCURSO DE SONDAXES E EXPERIMENTOS DE SGAPEIO

Os alumnos Sergio Castro Baliñas, Diego Guimeráns Guillén e Xavi Riomao Hernández, de 1º ESO, resultaron finalistas do XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos co traballo Caldo de áreas.

Defenderán o seu proxecto na Facultade de matemáticas o día 9 de xuño, para determinar quen será o gañador da fase autonómica, e que representará a nosa comunidade no concurso nacional.

Asimesmo, María Blanco Iglesias, Mateo Mata Millán e Montserrat Mayo Martínez, de 3º ESO, recibiron unha Mención neste mesmo concurso, polo seu traballo A incógnita das panteras.

Parabéns a todo o alumnado que traballou no Taller de Estatística este curso, o vindeiro ano, máis!!



page | by Dr. Radut