Skip to Content

Relixión

VISITA DO ALUMNADO Á RESIDENCIA DE MAIORES SAN SIMÓN DE ONS

Hoxe o alumnado de 4ºESO da materia de Relixión viviu unha experiencia moi emocionante coa visita á residencia de maiores "San Simón de Ons". Cada un deles escribiu a súa particular felicitación de Nadal e tivo a oportunidade de lerlla a cada un dos residentes, os cales tamén tiñan preparado un pequeno agasallo para os rapaces. Como froito de todas estas felicitacións, deixámosvos esta pequena recompilación:

"A vós, maiores, que tanto vivistes, amastes e sufristes, quero dedicarvos esta felicitación de Nadal, para dicirvos que vos quero, que vos admiro e que vos estraño."

"A vós, maiores, que me contades historias doutros tempos, doutras glorias, doutras penas e alegrías, quero dedicarvos esta felicitaciín de Nadal, para dicirvos que vos escoito, que aprendo con vós e que vos lembro."

"A vós, maiores, que me dades o voso consello, o voso abrazo, o voso bico, o voso exemplo e o voso apoio, quero dedicarvos esta felicitación de Nadal, para dicirvos que vos necesito, que vos agradezo e que vos respecto."

"A vós, maiores, que sodes a luz da miña vida, a estrela máis acesa, o agasallo máis prezado, quero dedicarvos esta felicitación de Nadal, para dicirvos que vos desexo unha feliz Noiteboa e un próspero Aninovo cheo de paz e esperanza."

Itinerario lector

Este é o itinerario lector do departamento de relixión para os distintos cursos.

Para visualizalo clica AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut