Skip to Content

Xefatura de Estudos

FIN DE CURSO 2º BACHARELATO 23-24

Nos arquivos seguintes atópanse as actividades que no mes de maio do curso 2022-2023 afectan ao alumnado de 2º de bacharelato, así como outra información de interese que se detalla deseguido:

 

O calendario de recuperación na convocatoria extraordinaria para as materias de 2º BAC así como para as pendentes poderase consultar nos seguintes enlaces proximamente:

  • Calendario exames convocatoria extraordinaria  e materias pendentes de 1º BAC.
  • Calendario revisión dos exames da convocatoria extraordinaria

 

FIN DE CURSO 1º BACHARELATO 23-24

Nos arquivos seguintes atópanse as actividades que no mes de xuño do curso 2022-2023 afectan ao alumnado de 1º de bacharelato, así como outra información de interese que se detalla deseguido:

 

 

 

O calendario de recuperación na convocatoria extraordinaria para as materias suspensas na convocatoria ordinaria de 1º BAC  poderanse consultar no seguinte enlace:

 -

  • Calendario exames convocatoria extraordinaria (19, 20 e 21 de xuño).
  •  Calendario revisión dos exames da convocatoria extraordinaria (luns 26 de xuño)

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO. CURSO 23-24

No presente curso, realizarase en todos os centros unha avaliación de diagnóstico en 2º ESO.

No seguinte enlace poderedes consultar toda a información relativa a este proceso e incluso ver probas de exemplo.

Tedes tamén a vosa disposición:

   - Unha carta informativa escrita pola dirección xeral

   - Un documento con preguntas e respostas frecuentos sobre este proceso

PROCEDEMENTO PARA A ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA

        1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
       2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
       3. O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente. As ditas certificacións serán emitidas de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
       4. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

 

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

       1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos,habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
       2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
       3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. A dita certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
       4. O alumnnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.

  O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.   

HORARIO ATENCIÓN FAMILIAS. CURSO 23-24

No documento adxunto poderase consultar o horario de atención ás familias de todo o profesorado.

INFORMACIÓN MATERIAS PENDENTES. CURSO 23-24

O alumnado que teña algunha materia pendente recibirá unha carta onde se lle convoca a unha reunión co xefe/a de departamento encargado de xestionar  esta/s materias.

Nesta reunión informarase polo miudo das actividades e datas de probas que se deberán realizar para aprobar ditas materias.

Nas seguintes ligazóns poderase consultar toda a información relativa ao curso 23-24:

PRESENTACIÓN E INICIO DO CURSO 2023-2024

INICIO DE CURSO

No Abalar pódese consultar a información relativa ao horario e grupo de cada alumno/a.

Luns 11 de SETEMBRO

1º ESO

08:30 h. a 09:20 h.

O alumnado dirixirase ao Salón de actos e posteriormente será acompañado polo seu titor/a ás aulas de referencia.

9:20 h -15:00h Inicio das clases.

 

2º ESO - 3º ESO - 4º de ESO e 1º e 2º de BACHARELATO

08:30 h. a 09:20 h.

Presentación nas aulas de referencia co profesorado titor.

9:20 h - 15:00h Inicio das clases.

 

Recórdase ás familias que nas horas de saída o tráfico permanecerá pechado por diante do centro. Recoméndase NON CIRCULAR por esta zona nas horas de entrada.

Na hora da saída ningún coche poderá circular por diante do centro ata que saian todos os autobuses escolares.

As familias que empreguen o vehículo particular para traer aos seus fillos e fillas ao centro, poderán empregar o aparcadoiro municipal a carón das pistas deportivas.

 

Plano de asignación de aulas a grupos e de entradas e saídas ao centro.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

 

Listas do transporte escolar 2023-2024

No día de hoxe publicaranse as listaxes do transporte escolar, así como as rutas coas súas paradas e o horario correspondente.

É moi importante que todo o mundo consulte estas listaxes, xa que, debido ao incremento de matrícula,  houbo que facer unha reestruturación nas rutas e algunhas paradas cambiaron de liña.

Nos primeiros días é importante estar nas paradas con máis marxe de tempo, xa que as horas publicadas son aproximadas. Por cada parada pasará só un bus, excepto na parada Montouto-Café Che/Día, polo que ningún alumno deberá dubidar do autobús que pare, aínda que non leve número ou non coincida co seu.

Agardamos que todo funcione correctamente. De non ser así, por favor, poñédevos en contacto con nós para comunicarnos calquera incidencia.

FIN DE CURSO ESO. XUÑO 2024

O mércores 21 de xuño de 2023 ás 14:10, rematan as clases para todos os cursos da ESO. Nos días seguintes non haberá transporte escolar.

Pode consultar, nos enlaces que veñen a continuación, os días e datas de:  publicación de notas en abalarMóbil, entrega presencial de boletíns e consellos orientadores, revisión de cualificacións, calendario de reclamacións e devolución de equipos edixgal en 4º ESO.

 

 

  • EDIXGAL. Pola ampliación do programa a 3º e 4º, o alumnado que continúa no centro  manterá o seu ordenador actual para o seguinte curso. O alumnado de 4º ESO deberá proceder a súa entrega, consulte aquí o procedemento e o horario para facelo. Tamén deberá devolver o ordenador todo o alumnado que non vaia a cursar estudos no IES de Cacheiras o vindeiro curso. Esta devolución poderá facerse o luns 26 de xuño entre as 12:00 e as 13:30 horas, ou ben, de 17:00 a 17:30 horas.
  • Consulte aquí os criterios para Promoción ou Titulación e sobre o Consello Orientador de ESO.

  • Consulte aquí o procedemento xeral de reclamación das cualificacións finais ou da decisión de promoción en caso de desacordo logo da revisión.

  • Consulte aquí a normativa sobre o dereito á obxectividade na avaliación.
  •  Consulte aquí os criterios de desempate nas matrículas de honra en 4º ESO.

 

Axudas para as probas de nivel para a certificación en linguas estranxeiras

A Xunta de Galicia vén de convocar as probas de nivel para a certificación en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 22/23 estea matriculado en 4º ESO ou bacharelato.

As persoas interesadas en solicitar esta axuda deben cubrir o documento adxunto, antes do 12 de xullo, e envialo debidamente asinado ao correo electrónico do centro (ies.cacheiras@edu.xunta.gal) ou presentalo físicamente na secretaría indicando os datos personais e o seu compromiso a realizar estas probas (o nivel será o profesorado o que o seleccione).


Unha vez publicada a resolución definitiva, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios trasparentes, públicos e obxectivos.


A axuda ten unha contía de 100€ por proba e alumno/a e abranguerá a realización das probas das destrezas orais e escritas e a certificación correspondente.

Se queredes consultar a convocatoria premede aquí

 

FIN DE CURSO ESO e BACHARELATO XUÑO 2022

 

  • O mércores 22 de xuño de 2022 ás 14:10, rematan as clases para ESO e 1º de bacharelato. Nos días seguintes non haberá transporte escolar.

  • Pode consultar, nos enlaces que veñen a continuación, os días e datas de:  publicación de notas en abalarMóbil (non haberá entrega presencial), revisión de cualificacións, calendario de reclamacións, recollida do consello orientador de ESO , devolución de equipos edixgal en 4º ESO , convocatoria extraordinaria de 1º BAC, etc. Por favor, polo ben de todos, acudan na hora e día asignados, ou solicitando telefonicamente CITA PREVIA.

 

 

 

 

 

  • EDIXGAL. Pola ampliación do programa a 3º e 4º, o alumnado que continúa no centro  manterá o seu ordenador actual para o seguinte curso. O alumnado de 4º ESO deberá proceder a súa entrega, consulte aquí o procedemento e o horario para facelo.
  • Consulte aquí os criterios para Promoción ou Titulación e sobre o Consello Orientador de ESO.

  • Consulte aquí o procedemento xeral de reclamación das cualificacións finais ou da decisión de promoción en caso de desacordo logo da revisión.

  •  Consulte aquí os criterios de desempate nas matrículas de honra en 4º ESO.
Distribuir contido


by Dr. Radut