Skip to Content

Xefatura de Estudos

ACLARACIÓNS SOBRE O “DEREITO DE REUNIÓN DO ALUMNADO”

 

ACLARACIÓNS SOBRE O “DEREITO DE REUNIÓN DO ALUMNADO”

 

  • A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación fala de...estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o dereito de reunión,...”.
  • Máis adiante aclara:Nos termos que establezan as administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio de dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro

 Independentemente das decisións que os grupos de alumnado do IES de Cacheiras poidan tomar, as ausencias ás clases do alumnado menor de idade deben ser xustificadas polas nais, pais ou titores legais como de costume.

MODELO DE XUSTIFICANTE PARA FALTAS DE ASISTENCIA DE ALUMNADO

Pódese imprimir o arquivo adxunto para encher os datos de xustificación de faltas de asistencia por enfermidade ou por outros motivos diversos. Hai que facelo chegar debidamente cuberto a persoa responsable da titoría no momento de incorporarse ás clases.

As faltas e os atrasos enviaranse co sistema ABALAR dúas veces ao día, indicando o período ao que se refiren e o número de sesións (clases) ás que se faltou. Se ten algunha dúbida pode pedir cita co titor/a no seu día de atención a nais/pais.

Distribuir contido


by Dr. Radut