Skip to Content

Xeografía e Historia

Programación 2023-24

EXPOSICIÓN: COIDADO DO MEDIO AMBIENTE E A SAÚDE

Os alumnos e alumnas de 2ºB da materia Proxecto Competencial, realizaron esta semana unha pequena exposición centrada no coidado do medio ambiente e a saúde. Con estes traballos buscan concienciar á comunidade educativa do centro dos bos hábitos necesarios para coidar o noso entorno e a nós mesmos.

SOLE FELLOZA NO IES DE CACHEIRAS

Estes días visita o noso centro Sole Felloza que está impartindo unha serie de obradoiros ao alumnado de oratoria de 3º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade que financia en colaboración coa Deputación da Coruña.

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL

Alumnado do Grao en Educación Social en colaboración con Solidariedade Internacional impartiron este obradoiro en 4º ESO.

SAÍDA A CARBOEIRO

O departamento de Xeografía e Historia organizou esta saída na que o alumnado de 2º ESO visitou o Monasterio de Carboeiro e a Fervenza da Toxa.

O IES DE CACHEIRAS 3º POSTO NA FINAL DO CLUB DE DEBATE ALINGUA

O equipo Sofistas acadou unha puntuación de 248.50 puntos na final do Club de debate Alingua que se celebrou en Val do Dubra.

O IES Terra do Xallas de Santa Comba e o IES Camilo José Cela de Padrón quedaron, respectivamente, no 1º e 2º postos.

Parabéns a todos polo esforzo, o traballo e a aprendizaxe.

Grazas ao Concello de Teo por facer posible esta actividade.

 

O EQUIPO SOFISTAS FINALISTA NO CLUB DE DEBATE ALINGUA 2024

Este xoves dous equipos do IES de Cacheiras participaron na 3ª Fase previa do Club de debate Alingua 2024, Xenerais, formado por alumnado de 4º ESO e Sofistas, de 1º bacharelato.

Sofistas acadou o 2º Premio nesta fase e representará ao IES de Cacheiras na final que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Val do Dubra.

Parabéns aos dous equipos polo traballo realizado estes meses de preparación e moita sorte aos finalistas!

Ademais, Ruth Barrio e Pablo Ruíz foron recoñecidos entre os mellores oradores da sesión.

Esta actividade realízase grazas ao finanzamento do Concello de Teo e está coordinada polo profesor Xosé Candal.

EXPOSICIÓN SOBRE A CIVILIZACIÓN GREGA

O traballo exposto é unha tarefa de investigación sobre as cerámicas vermellas e negras da Antiga Grecia. Realizado polo alumnado de Xeografía e Historia de 1º de ESO A, C e E.

CHARLA SOBRE GAZA

Ana Rodrigues, da Fundación Araguaney, e Sara Ashour, estudante universitaria palestina que vive en Santiago, visitaron o noso centro para falarlle ao alumnado de 1º bacharelato do conflicto en Gaza.

ECOEMBES COLABORA CO NOSO PROXECTO DE XESTIÓN DE RESIDUOS

O alumnado da materia Proxecto Competencial de 2ºB e 2ºC, montou e distribuíron no centro as papeleiras enviadas por Ecoembes, colocándoas nas aulas que non tiñan todavía lugares específicos para dispor do papel e dos plásticos, como o ximnasio, os laboratorios, a biblioteca e tamén polos pasillos do centro.

Continuamos a traballar na sostibilidade, así como en fomentar bos hábitos cívicos e mediambientais nos nosos alumnos e alumnas.

Distribuir contido


by Dr. Radut