Skip to Content

Física e química

CHARLA DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS

Hoxe, a profesora Beatriz Fernández, da facultade de Física, impartiu esta charla ao alumnado de bacharelato que cursa a materia de Física.

Esta actividade está enmarcada dentro deo programa A ponte entre o ensino medio e a USC.

III SEMANA CULTURAL. EXPERIMENTOS DO CLUB DE CIENCIA

O alumnado do Club de ciencia preparou varios experimentos para mostrar ao alumnado de 4º ESO ao longo desta xornada.

CLUB DE CIENCIA. REACCIÓNS OSCILANTES

Na xornada de hoxe o alumnado do Club de ciencia elaborou reaccións oscilantes, que alternan dúas cores co paso do tempo.

O CLUB DE CIENCIA CONTINÚA A SÚA ANDAINA

O pasado xoves as alumnas e alumnos do Club de ciencia remataron os seus espectroscopios para poder ver a descomposición de calquera fonte de luz.

Ademáis fixemos a observación de mofos en diferentes alimentos e observamos a súa estrutura a través da lupa e do microscopio. Co microscopio aprendemos o protocolo para facer imaxe aumentada das mostras utilizando diferentes obxectivos con aumentos.

Ademáis estamos a preparar os experimentos da semana cultural que poderan desfrutar algunhas clases grazas as alumnas e alumnos do Club de ciencia.

COMEZA O CLUB DE CIENCIA DO IES DE CACHEIRAS!

Este xoves, 23 de novembro, comezou o club de ciencia do IES de Cacheiras, onde rapazas e rapaces dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato van descubrir nos laboratorios do centro e nos arredores o comportamento da natureza na que vivimos.

Este ano ímolo dedicar a luz como eixo central, e imos desenvolver todo tipo de experiencias relacionadas ca luz dende a Bioloxía e Xeoloxía, a Tecnoloxía, a Física e Química e as Matemáticas.

Pero todo iso terá que agardar un anaco, xa que o primeiro que nos puxemos a preparar foi un deseño para un logo que terá que ser a nosa seña de identidade para todo o centro. Agardamos con ganas a próxima xuntanza do club para  poñernos cuns pequenos experimentos de óptica que nos permitan comezar a nosa aventura!

CLUB DE CIENCIA DO IES DE CACHEIRAS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Este ano estreamos Club de ciencia, se che apetece participar, fala cos teus profes!!

PROGRAMACIÓN 2022-2023

XOGANDO COA LUZ

O mércores 15 de xuño tivemos a visita do grupo de estudantes LUZADA, formado por alumnos de grao e posgrao da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O grupo fixo unha actividade coas alumnas e alumnos de 2º de ESO que consistiu en 4 mesas de experimentación relacionadas coa interacción luz-material, a propagación da luz en diferentes medios, a polarización e micrometereoloxía.

Agardamos que fose unha experiencia interesante para o alumnado e poder volver a disfrutar destas actividades para o próximo ano!

VIVIENDO EN GALICIA CON EL RADÓN

Dolores Cortina, catedrática da USC, impartiu esta charla para o alumnado de Física e Química de 4º ESO e 1º bacharelato co gallo do 11F, Día da muller e a nena na ciencia.

 

Del interior de la materia al corazón de las estrellas

Hoxe o alumnado de Física de 2º de bacharelato asistiu á conferencia Del interior de la materia al corazón de las estrellas impartida por Cristina Cabo do Instituto Galego de Fisica de Altas Enerxias - IGFAE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut