A aula de teatro participou hoxe no III Festival de Teatro Escolar do IES Antón Fraguas asistindo ao roteiro teatral que se levou a cabo no parque de Bonaval e despois representando a obra Reviracontos no Centro Xove de Creación Cultural de Almáciga.
O alumnado da Aula de Teatro participou hoxe no XIV Festival de Teatro de Palas de Rei, cun roteiro teatral no Castelo de Pambre e a representación da obra Reviracontos na Casa da Cultura.
Este sábado tivo lugar o I Festival de Teatro Escolar do IES de Cacheiras no que o alumnado da Aula de Teatro recibiu a tres Aulas de Teatro: Compostela, Palas de Rei e Touro.
O roteiro teatral na Burga de Xermeade constou de cinco escenas que imaxinan o bulicio que existiu en Pontevea e Xermeade en torno ás augas curativas.
A xornada rematou coa representación conxunta da obra Reviracontos no auditorio Constante Liste.
O día 28 de abril tivo lugar a rolda de prensa de presentación do I Festival de Teatro escolar do IES de Cacheiras, que conta coa colaboración do Concello de Teo, e que reunirá a máis de 100 actores e actrices de catro Aulas de Teatro: Compostela, Palas de Rei, Touro e Teo.
A Aula de Teatro participou no XIII Festival de teatro escolar de Touro. Asistiron a un roteiro poético, musical e teatral, que organizou a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, e despois representaron a obra Reviracontos na Casa da Cultura de Touro.