Skip to Content

Lingua Galega

Programacións 2023-24

RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES 23-24

Para a preparación da materia pendente habilitaranse cursos específicos en E-dixgal e xa se matriculará neles directamente o alumnado implicado (no caso do alumnado de bacharelato o curso estará na aula virtual do centro). Cando as actividades que se propoñan requiran correccións ou aclaracións, poderán solicitarllas ao profesorado de Lingua galega do seu curso ou á Xefa de departamento, pero sempre con suficiente antelación ao día das probas para que se poidan devolver corrixidas ou resolver as dúbidas que existan.

Realizaranse dúas probas parciais nas datas que se detallan debaixo. No propio curso de E-dixgal estarán especificados tanto os contidos que entran en cada proba como as datas nas que se van realizar. O alumnado que falte a algunha desas probas deberá xustificar debidamente e de xeito documentado a súa ausencia para poder efectuala noutra data.

A cualificación final obterase mediante a media aritmética das dúas probas e considerarase superada a materia se esta media é de 4,5 puntos ou superior. O alumnado que non acade esta nota media mínima de 4,5 puntos deberá realizar un exame final de toda a materia. 

DATAS DAS PROBAS

 

ESO

1ª proba

2ª proba

Final

Luns 20 novembro, 3ª hora en Desdobre 2

Luns 19 de febreiro, 3ª hora en Desdobre 2

Luns 6 de maio 3ª hora en Desdobre 2

BACHARELATO

1ª proba

2ª proba

Final

Martes 23 de xaneiro (17:00 horas Desdobre 1)

Martes 30 de abril (17:00 horas no desdobre 1)

Martes 7 de maio (17:00 horas no desdobre 1)

A BIBLIOTECA DO IES DE CACHEIRAS: LUÍSA VILLALTA

O alumnado de 3º PDC levou a cabo, durante varios meses, un traballo de investigación sobre a nosa bibloteca escolar, que leva o nome de Luísa Villalta, e que agora nos amosan coincidindo co mes das Letras Galegas.

Parabéns polo esforzo e o magnífico resultado!

 

PAULA CARBALLEIRA VOLVE AO IES DE CACHEIRAS

Paula Carballeira e o seu Obradoiro de narración oral volven ao noso centro para fomentar no alumnado máis novo o interese pola transmisión oral de contos e historias.

Todos os grupos de 1º ESO desfrutaron das súas historias de medo e crearon os seus propios contos para asustar a Paula na segunda sesión.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE COMUNICAZIÓN ALFA NO MICEscola

Comunicación alfa, unha peza do alumnado de 2º ESO C do IES de Cacheiras, que explora a maneira de comunicarse dos rapaces de entre trece e catorce anos, presentouse este xoves no Museo do Pobo Galego dentro do proxecto MICEscola.

Cinco centros de ensino galegos: o IES Pedra da Aguia (Camariñas), o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), o IES de Oroso (Oroso), o IES de Arzúa (Arzúa) e o IES de Cacheiras (Teo) participaron nesta interesante proposta.

Grazas a ANPA por financiar o transporte ata o museo en colaboración coa Deputación da Coruña.

 

VÍDEO-DOSIER FINAL: "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia"

É un pracer presentar o noso Vídeo-Dosier Final do proxecto "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia". Neste vídeo, resumimos os emocionantes momentos vividos durante esta marabillosa aventura cultural.

Desde os conciertos onde as cantigas medievais resoaron nos nosos corredores ata a creación do mural que adorna o noso espazo, cada paso deste proxecto foi unha celebración da nosa rica historia e cultura galega.

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado que participou co seu talento e entusiasmo, facendo deste proxecto unha experiencia inesquecible.

Este proxecto enmarcouse nos II Premios Reino de Galicia 2023, un recoñecemento á creatividade e á investigación da nosa historia. Estamos orgullosos de compartir esta viaxe coa comunidade educativa.
 

 

Grazas a todos e todas por acompañarnos nesta aventura de coñecemento e creación. Seguiremos a celebrar e a promover a nosa cultura galega con orgullo e entusiasmo.

Equipo do Proxecto "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia"
IES Cacheiras

III SEMANA CULTURAL. PRESENTACIÓN DE LAPBOOKS

O alumnado de 1º ESO presentou aos seus compañeiros e compañeiras de 2º ESO os lapbooks que elaboraron e que estiveron expostos na biblioteca durante toda esta semana.

III SEMANA CULTURAL. CITA A CEGAS POÉTICA

No Día da Poesía, o alumnado de 4º ESO tivo unha cita a cegas poética: elixiu entre varios dos versos propostos, para despois ser emparellados con aqueles compañeiros/as que elixiran o mesmo.

O verso máis elixido foi A vida non sabe a Donuts de Carlos Negro.

III SEMANA CULTURAL. HÉCTOR CAJARAVILLE

O escritor Héctor Cajaraville tivo un encontro co alumnado de 3º ESO para comentar o seu libro O segredo da casa de Formoso.

Centenario do Seminario de Estudos Galegos

O alumnado de 4º ESO de Lingua galega realizou esta exposición de portadas con motivo do Centenario do Seminario de Estudos galegos.

Podedes vela no corredor principal.

Distribuir contido


by Dr. Radut