Skip to Content

Lingua Galega

EVA MEJUTO NO IES DE CACHEIRAS

Esta semana o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de comentar con Eva Mejuto o seu libro A ladroa da biblioteca de Meirás.

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO CENTRO

Este martes a escritora Andrea Maceiras visitou o noso centro para falar co alumnado de 3º ESO da súa novela Europa Express.

CONCERTO DE XOÁN CURIEL

Este luns o alumnado de 3º ESO tivo a sorte de asistir ao concerto de Xoán Curiel dentro do proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia". Non só escoitou senón que participou activamente nesta experiencia que percorrerá cinco centros educativos de Galicia.

Grazas a Xoán por propoñernos esta experiencia que está financiada pola Deputación da Coruña.

 

Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia

Comezamos unha viaxe artística e histórica no IES Cacheiras con moito entusiasmo!
O noso instituto foi seleccionado para participar no proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia" que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña a través do “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023”.
A artista plástica Raquel Germade e o músico e compositor Xoán Curiel tiveron xa varias reunións coas responsables do proxecto no noso instituto: Trini Pazos e Rosa Salgueiro.
Temos  unha enorme ilusión por este proxecto que, ademais de falarnos da existencia do Reino de Galicia e de aspectos e curiosidades relacionados co mesmo, vai impulsar a nosa creatividade a través da realización dun mural e tamén dun concerto para o noso instituto.
Tentaremos que sexa unha experiencia moi participativa e interesante para o alumnado e que poidades recibir arte e coñecemento dun xeito moi ameno!

VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O escritor Manuel Núñez Singala, recente premio dos Clubs de Lectura 2023, tivo dous encontros hoxe co alumnado de 4º ESO para comentar o seu libro Camiños de auga.

GALICIA NOMEADA NO IES DE CACHEIRAS

II SEMANA CULTURAL. VICENTE FEIJOO

O alumnado de 3º ESO asistiu hoxe á charla sobre Toponimia de Cacheiras que impartiu Vicente Feijoo. Falounos tamén do proxecto colaborativo Galicia nomeada e invitounos a participar nel completando a información que existe sobre os microtopónimos da nosa zona ou, incluso, a introducir topónimos novos.

TES UN CONTO QUE METE MEDO!! CHEGAN OS CONCURSOS DO SAMAÍN

Ide preparando os vosos relatos para os nosos tradicionais concursos do Samaín: o X Concurso de relatos e o V Concurso de Microrrelatos.

Animádevos a participar, a ver quen nos mete máis medo este ano!!

LETRAS GALEGAS NO IES DE CACHEIRAS

O alumnado de 4º ESO, coordinado polo Departamento de Galego, realizou unha lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán na biblioteca do noso centro, para homenaxear ao poeta valdeorrés.

 

EXCURSIÓN A PONTE DE LIMA

O alumnado de portugués visitou onte Ponte de Lima nunha visita organizada polo profesorado de portugués do noso IES.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut