Skip to Content

Curso 22-23

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES ANTONIO FRAGUAS

A Aula de teatro despediu o curso cunha actuación conxunta coa Aula de Teatro do CPI de Touro, a Aula de Teatro do IES Antón Fraguas, de Compostela e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei no Centro Xove de creación cultural da Almáciga.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO XXVII CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS

A Aula de Teatro presentou a súa actuación completa final no Festival Intercentros, no Teatro Principal de Compostela.

Grazas ás familias pola gran acollida deste proxecto educativo, pola vosa implicación e por valorar o traballo do profesorado implicado.

O ano que vén máis!

II FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE CACHEIRAS

Este sábado a Aula de teatro do IES de Cacheiras organizou e protagonizou un roteiro teatral, poético e musical na Carballeira de Francos, que contou coa colaboración da Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño e do Concello de Teo.

Posteriormente, no Auditorio Constante Liste a nosa aula de teatro, xunto co Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz, de Touro e a Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas puxeron en escena a obra As maletas dos contos viaxeiros.

Moitas grazas aos pais e nais, veciños e veciñas e profesorado que participaron nas esceas do roteiro, facendo seu este proxecto educativo.

PRESENTACIÓN DO II FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE CACHEIRAS

XIRA DE TEATRO 2023. SEXTO DÍA

O último día da xira pasámolo na Warner!

XIRA DE TEATRO 2023. QUINTO DÍA.

Neste quinto día visitamos a Alhambra, almorzamos en Granada e puxemos rumbo a Madrid.

 

 

 

XIRA DE TEATRO. CUARTO DÍA

Actuación en Tabernas, tarde no Parque temático Oasys MiniHollywood en Almería e chegada a Granada.

 

XIRA DE TEATRO. TERCEIRO DÍA

Despois da actuación en San Clemente, cun auditorio cheo, saimos rumbo a Almería onde fixemos un paseo nocturno despois de cear.

XIRA DE TEATRO 2023. SEGUNDO DÍA

O segundo día visitamos Almagro e actuamos no Teatro de Argamasilla de Alba, que é espectacular.

Tivemos a sorte de rematar o día cun roteiro guiado sobre Cervantes e O Quixote por Argamasilla.

XIRA DE TEATRO 2023.PRIMEIRO DÍA

Primeiro día: Alcalá de Henares.


Distribuir contido


by Dr. Radut