Skip to Content

Curso 22-23

27 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe, co gallo do Día Mundial do Teatro, catro alumnas da nosa Aula de Teatro achegáronse á Estrada para entrevistar á presentadora do programa O recuncho da lingua.

Podes escoitalo, pinchando na seguinte imaxe:

A AULA DE TEATRO NO XV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE PALAS DE REI

A Aula de teatro participou este sábado no XV Festival de teatro escolar de Palas de Rei, xunto coa Aula de Teatro do CPI de Touro, a Aula de Teatro do IES Antón Fraguas, de Compostela e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.

A AULA DE TEATRO NA PRENSA

A AULA DE TEATRO NO XIV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO

Este sábado a Aula de teatro participou no XIV Festival de Teatro Escolar de Touro, xunto coa Aula de Teatro do CPI de Touro, a Aula de Teatro do IES Antón Fraguas, de Compostela e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei.

A AULA DE TEATRO NA PRENSA

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

A nosa Aula de teatro actuou no Teatro Principal de Ourense nunha función para o público xeral, na que a recadación se destinou á ONG Meniños, de apoio á infancia.

Ademais, o alumnado gañador do concurso Revivindo Cousas participou nesta xornada que rematou coa visita ás Termas de Outariz.

14 DE FEBREIRO NO IES DE CACHEIRAS

Este 14 de febreiro no IES de Cacheiras declaramos o noso amor ao teatro e a lingua galega.

O alumnado da Aula de teatro percorreu as aulas facendo partícipe a todo o centro da súa orixinal declaración de amor.

 

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NA RESIDENCIA DE MAIORES O CASTRO

O alumnado da Aula de teatro actuou esta semana na residencia de maiores O castro, en Calo. Foi unha experiencia moi enriquecedora para o noso alumnado.

Grazas á residencia de O Castro polo recibimento.

 

 

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE TÍTERES

O alumnado da Aula de teatro tivo a oportunidade de participar neste divertidísimo obradoiro de creación de títeres, impartido pola Asociación Morreu o demo.

Esta actividade foi financiada pola Deputación da Coruña.

 

 

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO AUDITORIO CONSTANTE LISTE

O alumnado da Aula de Teatro presentou a súa obra As maletas dos contos viaxeiros este venres 16, no Auditorio Constante Liste da Ramallosa.

Grazas ao Concello de Teo por cedernos as súas instalacións para a representación.

Distribuir contido


by Dr. Radut