Skip to Content

Actualidade ANPA

III SEMANA CULTURAL. CONTÉ AVEC MOI

Samuel Mountoumnjou,de Senegal, realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés do noso centro.

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE ECOPERCUSIÓN

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña, o alumnado de 2º ESO puido desfrutar deste obradoiro de Ecopercusión impartido por Didier Díaz.

CURSO DE LINGUA DE SIGNOS ORGANIZADO POLA ANPA DO IES DE CACHEIRAS

Desde a ANPA van organizar este curso de iniciación á lingua de signos. Se vos queredes anotar, mandade un correo a info@anpaiescacheiras.gal indicando o nome e apelidos. O prezo será de 60 € non socios e de 50€ socios. Data límite para anotarse o 23 de febreiro.

O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO

Grazas á ANPA e ao Concello de Teo, o alumnado de 4º ESO puido asistir a esta representación teatral con coloquio final, a cargo da compañía Redrum teatro.

CHARLAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Hoxe tiveron lugar as primeiras sesións das charlas de regulación emocional que imparte el equipo de Belén Montesa e Juan Carlos Permuy ao alumnado de 2º de bacharelato.

Esta actividade é unha proposta da ANPA do IES de Cacheiras, financiada pola Deputación da Coruña.

PICTOGRAMAS DE ARASAAC

Desde este inicio de curso haberá unha sinalética complementaria en todas as dependencias do centro: os pictogramas de Arasaac, que se instalaron grazas á ANPA e á asociación BolboreTea, en colaboración coa Fundación "la Caixa".

Estes pictogramas de neurodiversidade son de gran axuda para as persoas neurodiverxentes facilitando a comunicación e a accesibilidade cognitiva.

 
 

CAMPAÑA DE FOMENTO DO BO TRATO

Grazas á ANPA, durante este curso contaremos con esta iniciativa en contra do acoso e de fomento do bo trato entre iguais.

Trátase dunha serie de vinilos dirixidos ao alumnado que agardamos fagan reflexionar e axuden a xerar un bo ambiente de convivencia no noso centro.

 

SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Hoxe o alumnado de 1º ESO visitou a DOMUS e o Aquarium Finisterrae.

Moitas grazas á ANPA por financiar esta viaxe.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de bacharelato celebrou este pasado venres a súa graduación.

Durante o acto, fíxose unha homenaxe a Xosé Manuel Maceira que, despois de 12 anos como director, deixa o noso centro este ano.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

Moita sorte no futuro a tod@s!

PAULA CARBALLEIRA VISÍTANOS DE NOVO

Paula Carballeira regresou ao noso centro para impartir o obradoiro de Narración Oral que xa é un clásico nas aulas de 1º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut