Skip to Content

Actualidade ANPA

CHARLAS DE REGULACIÓN EMOCIONAL

Hoxe tiveron lugar as primeiras sesións das charlas de regulación emocional que imparte el equipo de Belén Montesa e Juan Carlos Permuy ao alumnado de 2º de bacharelato.

Esta actividade é unha proposta da ANPA do IES de Cacheiras, financiada pola Deputación da Coruña.

PICTOGRAMAS DE ARASAAC

Desde este inicio de curso haberá unha sinalética complementaria en todas as dependencias do centro: os pictogramas de Arasaac, que se instalaron grazas á ANPA e á asociación BolboreTea, en colaboración coa Fundación "la Caixa".

Estes pictogramas de neurodiversidade son de gran axuda para as persoas neurodiverxentes facilitando a comunicación e a accesibilidade cognitiva.

 
 

CAMPAÑA DE FOMENTO DO BO TRATO

Grazas á ANPA, durante este curso contaremos con esta iniciativa en contra do acoso e de fomento do bo trato entre iguais.

Trátase dunha serie de vinilos dirixidos ao alumnado que agardamos fagan reflexionar e axuden a xerar un bo ambiente de convivencia no noso centro.

 

SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Hoxe o alumnado de 1º ESO visitou a DOMUS e o Aquarium Finisterrae.

Moitas grazas á ANPA por financiar esta viaxe.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de bacharelato celebrou este pasado venres a súa graduación.

Durante o acto, fíxose unha homenaxe a Xosé Manuel Maceira que, despois de 12 anos como director, deixa o noso centro este ano.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

Moita sorte no futuro a tod@s!

PAULA CARBALLEIRA VISÍTANOS DE NOVO

Paula Carballeira regresou ao noso centro para impartir o obradoiro de Narración Oral que xa é un clásico nas aulas de 1º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade.

 

CONTE AVEC MOI, CON SAMUEL MOUNTOUMNJOU

Onte visitounos de novo Samuel Mountoumnjou, que realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés de 4º ESO e 1º Bacharelato.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade.

 

COMPOSTELA JUDO CLUB NO IES DE CACHEIRAS

O Compostela Judo Club visitou o noso centro para facer unha demostración práctica das actividades de defensa persoal que se desenvolven no seu club e animar ao alumnado a practicalas.

 

Esta actividade foi financiada para ANPA  e desenvolveuse en todos os cursos desde 2º ESO a 1º bacharelato.

VISITA A NÚMAX DO ALUMNADO DE FRANCÉS

O alumnado de francés asistiu esta semana a Númax na escola.

Gagarine foi o filme escollido para o grupo de 4º ESO e bacharelato e o de 3º ESO puido ver Un pequeno plan... como salvar o planeta.

Moitas grazas a ANPA por facer posible esta actividade.

A CÁPSULA DO TEMPO DO IES DE CACHEIRAS CON IÑAKI QUENERAPÚ

Iñaki Quenerapú explicoulle hoxe ao noso alumnado de 1º ESO que é unha cápsula do tempo nunha charla chea de anécdotas divertidas.

Nos vindeiros meses os rapaces e rapazas de 1º ESO decidirán que gardar na súa propia cápsula, que abrirán no 2028.

Seguiremos contando!

Moitas grazas á ANPA por facer posibles estas charlas.

Distribuir contido


by Dr. Radut