Skip to Content

Francés

Programación e criterios de avaliación CURSO 2023-2024

Pódese consultar a programación da materia para o curso 2023-2024, referente a todos os cursos, e ás materias de libre configuración (Francés Oral), ademais dos criterios de avaliación para todos os cursos.

PROBAS DELF

O departamento de francés prepara desde hai máis de 10 anos ao seu alumnado para a obtención do título de francés DELF B1 e B2.

Esta semana o alumnado que así o solicitou presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa.

No mes de maio serán as probas orais.

III SEMANA CULTURAL. ESCAPE ROOM DÍA DA FRANCOFONÍA

O departamento de francés organizou, nas aulas de 2º ESO, durante esta semana, unha escape room co gallo do Día da Francofonía.

III SEMANA CULTURAL. CONTÉ AVEC MOI

Samuel Mountoumnjou,de Senegal, realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés do noso centro.

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

100% DE APROBADOS NAS PROBAS DELF

Os 15 alumnos e alumnas que se presentaron ás probas DELF, acadaron o título (12 B1 e 3 B2).

O departamento de francés prepara ao alumnado para estas probas todos os anos, impartindo clases extraordinarias.

Parabéns a todos polo traballo realizado!!

CONTE AVEC MOI, CON SAMUEL MOUNTOUMNJOU

Onte visitounos de novo Samuel Mountoumnjou, que realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés de 4º ESO e 1º Bacharelato.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade.

 

ROTEIRO CULTURAL POR COMPOSTELA

O alumnado da materia de Igualdade de xénero visitou este luns Santiago da man da historiadora Encarna Otero nun roteiro sobre as mulleres de Compostela.

A xornada completouse con varias visitas culturais na cidade.

PROBAS DELF

Hoxe o alumnado de bacharelato que así o solicitou, presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa. A vindeira semana realizarán as probas orais. Moita sorte!

II SEMANA CULTURAL. ARTE POSTAL E CADEA HUMANA

Pedro Lamas e Lois Gil explicaron ao alumnado de 4º ESO como os centros de ensino se mobilizaron no curso 2002-2003 para organizar unha gran cadea humana, e como xurdiu a idea de crear a exposición de Arte Postal que estes días temos no noso centro.

VISITA A NÚMAX DO ALUMNADO DE FRANCÉS

O alumnado de francés asistiu esta semana a Númax na escola.

Gagarine foi o filme escollido para o grupo de 4º ESO e bacharelato e o de 3º ESO puido ver Un pequeno plan... como salvar o planeta.

Moitas grazas a ANPA por facer posible esta actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut