Skip to Content

Francés

ESTANCIA PROFESIONAL EN FRANCIA

A profesora de francés do noso centro, Conchi Mujico, foi seleccionada para participar no PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras), na modalidade de Integración en lingua francesa.


Esta experiencia de catro semanas nun centro educativo público de Amiens, o Collège Sagebien, serviulle para coñecer aspectos do sistema educativo francés e da organización desta escola que poden ser de interese para a nosa Comunidade Educativa.

Se queren saber máis poden ver o seguinte vídeo :


ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR FELICITACIÓN DE NADAL

Esta semana entregáronse os premios ás mellores postais de Nadal, elaboradas polo alumnado de francés de 1º ESO.

Os gañadores foron Antía González e Pedro Liñares. Parabéns!!

O ALUMNADO DE FRANCÉS DE 1º ESO DESÉXAVOS BO NADAL

Podedes ver esta exposición no corredor principal do centro.

100% DE APROBADOS NAS PROBAS DELF B1/B2

Todas as alumnas presentadas ás probas DELF este ano conseguiron o título. O departamento de francés prepara ao alumnado para estas probas todos os anos, impartindo clases extraordinarias polas tardes.

Parabéns ás alumnas Sheila Balado, María Cutrín, Irene Márquez, Esther Mato, Eva Montoto, Xiana Rego e Laura Rey!!

EXAME DELF SCOLAIRE B1/B2

O departamento de francés prepara desde hai 10 anos ao seu alumnado para a obtención do título de francés DELF B1 e B2, impartindo dúas horas de clases extraordinarias online pola tarde.

Esta semana presentáronse a estas probas as alumnas Sheila Balado, María Cutrín, Irene Márquez, Esther Mato, Eva Montoto, Xiana Rego e Laura Rey.

 

 

Conte avec moi

Hoxe contamos coa visita de Samuel Mountoumnjou que actuou para o alumnado de francés de 4º ESO e bacharelato.

Grazas á ANPA e ao departamento de francés.

 

Intercambios con Francia

Nestes intres temos un intercambio dun mes co Lycée Victor Hugo, en Marselle. Dous alumnos, Aldán Creo, de 2º Bac. e Julián Noenlle, de 1º Bac., foron a principios deste mes de xaneiro para aprender in situ o idioma e a cultura gala ademáis de asistir  ás clases do instituto repasando ou aprendendo cousas novas das diferentes materias. Teremos en febreiro aos correspondentes para pasar pola mesma experiencia en Galicia. Aquí tedes a comunicación que deron na súa páxina de centro.

http://www.lyc-hugo-marseille.ac-aix-marseille.fr/spip/spip.php?article383

Xa ó principio deste curso tivemos outro intercambio desta índole e da que tivestes noticia polo Twitter.

Ademáis, en marzo teremos un novo intercambio de unha semana de duración co Lycée Gabriel Faurée, en Annecy, e teremos aos correspondentes en maio. Esta vez serán 32 persoas.

COMENIUS desta vez estivo aquí

As alumnas francesas que nos visitaron. Noticia en "adxuntos".

Distribuir contido


by Dr. Radut