Skip to Content

Economía

Programación Didáctica departamento de economía 2023-2024

A programación didáctica do Departamento de Economía do curso 2023/2024 pódese consultar no arquivo adxunto.

CHARLA "PARA QUE SERVE A ECONOMÍA?"

O profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xosé Antón Rodríguez, impartiu esta charla ao alumnado de Economía de 1ºbacharelato.

Esta actividade foi posible grazas ao programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

ÚLTIMA XORNADA DAS CHARLAS DE EDUCACIÓN CÍVICO-TRIBUTARIA

Hoxe foi Ana Tomé, da Axencia tributaria de Santiago, a encargada de falar ao alumnado de 3º e 4º ESO.

CHARLAS DE FORMACIÓN CÍVICO- TRIBUTARIA

Remedios Vázquez, da Axencia tributaria, impartiu a primeira sesión destas charlas para o alumnado de 3º e 4º ESO, organizadas polo departamento de Economía.

 

ANTIGOS ESTUDANTES VISITAN O CENTRO

Encántanos que o alumnado que xa non está no centro se achegue a visitarnos e a contarnos como lles vai.

Hoxe non só saudaron aos seus antigos profes, tamén explicaron ao alumnado de 4º ESO a súa experiencia académica e laboral despois de deixar o instituto.

Moitas grazas a Nerea Conde Doce, Victoria Iglesias de la Fuente e Aldán Creo Mariño e moita sorte no futuro!

DOAZÓN CADERNOS A ARRETÉ

Despois do obradoiro de reciclaxe e reutilización de cadernos que se levou a cabo na Semana Cultural, todos eles foron entregados na Asociación non gubernamental Arreté de Teo.

Esta actividade foi coordinada pola profesora Manuela Posse.

Moitas grazas a tod@s os que colaborastes cos vosos cadernos e ao alumnado de 4º ESO pola súa iniciativa.

PROXECTO O VALOR DOS RESIDUOS ORGÁNICOS

Dentro do proxecto O valor dos residuos orgánicos, que está enmarcado dentro de Polos Creativos, o alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO realizou unha campaña de recollida e pesada de lixo no noso centro.

II SEMANA CULTURAL. OBRADOIROS DE RECICLAXE

O alumnado de 4º ESO continúa recollendo os vosos cadernos vellos para darlles unha nova vida e pintando camisetas usadas.

Achegádevos nos recreos!

II SEMANA CULTURAL.EMERXENCIA CLIMÁTICA

Durante toda esta semana o alumnado de 4º ESO estará realizando diferentes actividades de reciclaxe e reutilización.

Trae os teus cadernos vellos para darlles un novo uso!!

Tamén se lle dará visibilidade ao traballo de reciclaxe que se está levando a cabo co alumnado de Proxecto competencial de 1º e 3º ESO neste curso.

REMATE DAS CHARLAS DE EDUCACIÓN CÍVICO - TRIBUTARIA

Esta semana remataron as charlas de Educación Cívico-Tributaria que se impartiron no noso centro, nesta ocasión ao alumnado de economía de 2º de bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut