Skip to Content

Economía

CHARLAS DE EDUCACIÓN CÍVICO - TRIBUTARIA

Ana Tomé e Remedios Vázquez impartiron esta semana varias charlas sobre este tema ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato.

Esta actividade está organizada polo Departamento de Economía do noso centro.

CHARLA SOBRE O COWORKING PARA O ALUMNADO DE ECONOMÍA

O equipo de Xestión do Espazo A Proa, coworking do Concello de Ames, pertencente á Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, visitou o IES Cacheiras para trasladar a alumnado de 1º de bacharelato a importancia destes centros de cotraballo.
Sara Calvo Silva, xestora do Espazo A Proa acudiu ao noso centro para representar ao coworking e contar todo o que este achega ao mundo emprendedor.

FINAL DO CONCURSO YOUNG BUSINESS TALENTS

Os alumnos Hugo Angueira, Xabier Fernández e Rubén Sánchez de 2º Bach A, participarán na final do concurso Young Business Talent en Madrid a vindeira semana. Irán acompañados pola profesora de economía Isabel López, coodinadora do traballo presentado.

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "A FACTURA DA LUZ"

As alumnas Carla Beiro, Laura de la Fuente, Elsa Golmar e María Vázquez recolleron hoxe na librería Follas Novas os premios que gañaron, xunto coa súa compañeira Jimena Suárez, no certame "A factura da luz", organizado polo Instituto Galego de Consumo, e ao que se presentaron por iniciativa do Departamento de Economía do noso centro.
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, foi o encargado de entregar os premios.
Parabéns!!
 
Máis información premendo aquí
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

CHARLA "A TARIFA DA LUZ"

Montserrat Rodríguez, directora técnica da Escola Galega de Consumo, impartiu esta charla ao alumnado de Economía de 4º ESO, como parte da formación para a participación no concurso "A tarifa da luz", convocado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut