Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

PROGRAMA DE SEGUIMENTO DAS BOLBORETAS DE EUROPA NO CLUB DE CIENCIA

O alumnado do Club de Ciencias realizou un percorrido inicial, na contorna do centro, como "toma de contacto" de cara a participar no "Programa de seguimento das bolboretas de Europa". Estudaremos as bolboretas presentes nunha carballeira, nun pequeno bosque de ribeira e nun pequeno prado.

III SEMANA CULTURAL. VISITA AO IDIS

O alumnado de bioloxía de 1º e 2º bach tivo a oportunidade de visitar as instalacións do IDI. Grazas pola invitación e o bo trato recibido.

III SEMANA CULTURAL. ÁNGEL CARRACEDO

Tivemos a honra de contar con Ángel Carracedo no segundo día da nosa semana cultural. Falou do seu traballo ao alumnado de ciencias de bacharelato e animou aos de 2º de bacharelato a tomar as cousas con calma e a elixir aquilo que os apaixone.

 

VISITA Á FEIRA DE MINEIRAIS

O alumnado de 1º ESO e parte do alumnado de ciencias de 1º bach visitaron a X Feira de minerais en Santiago.

Tiveron unha mañá moi intensa entre charlas, obradoiros e a visita á enorme exposición de minerais que se celebrou en Área Central.

Esta actividade foi posible grazas á ANPA do IES de Cacheiras que financiou o desprazamento ata a Feira de minerais en colaboración coa Deputación da Coruña.

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE CIENCIA

Este xoves 18 de xaneiro o club de ciencia seguiu traballando diferentes aspectos relacionados coa luz. Neste caso tocou facer experimentos de bioloxía sobre un reino da natureza moi peculiar: o reino dos fungos. Estes seres medran case sen luz, e por iso estivemos facendo unha plantación de diferentes tipos de fungos que podemos atopar.

Dentro de 3 semanas, e facendo un control das condicións dos nosos cultivos, esperamos ter bos resultados!!

CHARLA ESTIMACIÓN DA DATA DA MORTE. A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC

José Ignacio Muñoz Barús, impartiu para o alumnado de bacharelato de bioloxía esta interesante charla enmarcada dentro do programa A ponte entre o ensino medio e a USC.

CHARLAS SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTES. ADOS.

O alumnado de 3º ESO recibiu esta última semana do trimestre, unha charla da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, na que  recibiu información sobre a importancia deste tipo de prácticas.

SAÍDA AO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias Medioambientais de 1º bach tivo a oportunidade de realizar esta visita o pasado día 13 grazas á ANPA que financiou esta saída a través dunha subvención da Deputación da Coruña.

Moitas grazas!

II SEMAN CULTURAL. TERESA BOQUETE

Mª Teresa Boquete impartiu a charla Vixías do medioambiente: empregando organismos vivos para o control da contaminación, para o alumnado de 1º de bacharelato.

Esta conferencia forma parte do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

Distribuir contido


by Dr. Radut