Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

II SEMAN CULTURAL. TERESA BOQUETE

Mª Teresa Boquete impartiu a charla Vixías do medioambiente: empregando organismos vivos para o control da contaminación, para o alumnado de 1º de bacharelato.

Esta conferencia forma parte do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

II SEMANA CULTURAL. ANTONIO RIGUEIRO

Hoxe tamén contamos coa presenza do profesor Antonio Rigueiro, que lle explicou ao alumnado de 1º ESO as diferenzas entre Cogumelos comestibles e velenosos.

Esta conferencia forma parte do proxecto A ponte entre o ensino medio e a USC.

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: ICÍA SANTOS

Icía Santos Zas, doutora en bioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), achegouse ao noso centro para falar ao alumnado de 4ºESO de Bioloxía da enfermidade que investiga, a enfermidade de Duchenne, un tipo de distrofia muscular que afecta a nenos.

Falounos, ademais, da súa traxectoria como científica nunha charla titulada Como trabajar en ciencia, siendo mujer, y no morir en el intento.

 

A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC: M.RAMIRO RODRÍGUEZ

O alumnado de 1º bacharelato de ciencias asistiu hoxe á charla A gandería na encrucillada: produción de alimentos, benestar animal e cambio climático, organizada dentro deste programa de colaboración entre a USC e os centros de ensino.

A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC: IRIA GÓMEZ TOURIÑO

Grazas ao programa A ponte entre o ensino medio e a USC, recibimos a visita da profesora Iria Gómez que impartiu a charla Anécdotas Inmunolóxicas ao alumnado de 1º de bacharelato.

VISITA Á VIII FEIRA DE MINERAIS

Hoxe o alumnado de 1º ESO do noso centro desprazouse ata Área Central para participar na VIII Feira de Minerais, nunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC: JOSÉ IGNACIO MUÑOZ

20/02/2022 13:06

O pasado venres, o director do Departamento de ciencias forenses, anatomía patolóxica, xinecoloxía, obstetricia e pediatría da USC, José Ignacio Muñoz Banus, impartiu a charla "Evolución cadavérica" ao alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato e 4º ESO, invitado polo Departamento de Bioloxía do noso centro.

Última sesión de "Conóceme, comprende el medicamento y descubre el fármaco"

Esta semana Andrés Amado impartiu a última das sesións deste proxecto educativo organizado pola SEFAC.

CONÓCEME, COMPRENDE EL MEDICAMENTO Y DESCUBRE EL FÁRMACO

Andrés Amado estivo esta semana no noso centro na primeira das dúas sesións que dedicará ao proxecto Conóceme,comprende el medicamento y descubre el fármaco, organizadas pola SEFAC.

Estas charlas están dirixidas ao alumnado de Cultura científica de 4º ESO.

SUPERBACTERIAS

Aitor García Rey e Darío Miranda Pastoriza impartiron para o alumnado de 4º ESO a charla Superbacterias.

Ambos son graduados en Farmacia pola USC e doutorandos no programa de Investigación de desenvolvemendo de medicamentos no grupo ComBioMed do Prof. Eddy Sotelo (profesor na facultade de Farmacia e investigador do CICUS).

Grazas a José González Parga por organizar a charla e pola súa cooperación co noso profesorado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut