Skip to Content

Inglés

EXPOSICIÓN INFOGRAFÍAS: COMO AFRONTAR O ESTRÉS

O alumnado de 2ºBAC B e C desenvolveu un proxecto sobre a identificación de situacións de estrés e ansiedade, poñendo o foco especialmente durante as épocas nas que nos enfrontamos a probas e exames.

Froito desa investigación, elaboraron infografías en lingua inglesa nas que recolleron as distintas fases desas situacións, brindando consellos e estratexias para enfrontalas e superalas con éxito; propoñendo sempre como obxectivo fundamental o benestar persoal e o coidado da saúde mental e física.

A idea de presentar esta información en formato infográfico pretende potenciar a sencillez na exposición en lengua inglesa mediante imaxes e textos breves para favorecer a súa comprensión.

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA

Este mes de abril o alumnado que así o solicitou presentouse ás probas de certificación en lingua inglesa.

Todas as probas se realizaron no noso centro ao que se desprazaron os examinadores de Trinity College.

Agardamos que tod@s consigan o título!

PARABÉNS POLO BO TRABALLO!

O Trinity College de Londres en España, en recoñecemento ao bo traballo do profesorado do IES de Cacheiras, concederá unha placa acreditativa para destacar que o noso centro foi o que obtivo os mellores resultados na provincia da Coruña nas probas de acreditación de linguas estranxeiras no curso 2022-2023.

Parabéns!

Pendentes 23/24

LIBROS DE LECTURA 23/24

VIAXE A RAMSGATE

Vídeo recordo da mini estancia en Ramsgate do alumnado de 1º bacharelato.


ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 8 DE XUÑO

Último día en Ramsgate. Pola maña clases, pola tarde visita aos tuneis de Ramsgate e directos ao aeroporto de volta a casa.

ESTANCIA EN RAMSGATE. DÍA 7 DE XUÑO

Pola mañá clases e pola tarde busca do tesouro polas rúas da localidade.

Rematamos o día con festa.

Distribuir contido


by Dr. Radut