Skip to Content

Curso 2023-2024

XIRA DE TEATRO. VISITA DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN EN BÉLXICA

XIRA DE TEATRO. ORLEANS E VOLTA A CASA

Pasamos a última noite en Orleans, o que nos permitiu paseala pola mañá, antes de comezar o regreso a casa. Xa pensamos na xira do vindeiro ano!

XIRA DE TEATRO. DISNEYLAND

O último día en París pasámolo en Disneyland.

XIRA DA AULA DE TEATRO. PARÍS

Despois da actuación en Bruxelas comezamos o camiño de volta, parando para unha visita en París.

 

XIRA DA AULA DE TEATRO. BÉLXICA

O alumnado que está de xira actuou no Sint-Pieters- Woluwe, no que contamos coa presenza do Conselleiro de Educación da Embaixada española en Bruxelas, Pedro Martínez Ruano.

Despois da obra o alumnado mantivo un coloquio cos estudantes deste centro.

O resto do día visitamos Bruxelas e Bruxas. Mañá agárdanos París.

 

 

 

 

COMEZOU O CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA

Xa comezou o campionato de fútbol sala que se vai celebrar nos recreos.
Esta actividade está enmarcada dentro do programa Recreos activos, que se celebra no noso centro. 




EXPOSICIÓN: CONSTRUCIÓN VISUAL DO MUNDO

Cada individuo constrúe a súa visión particular do mundo segundo a súa percepción a través dos sentidos, experiencias, bagaxe cultural e imaxinario persoal. Así pois, o alumnado de 3°ESO elixiu un obxecto, un espazo ou un fenómeno natural para representalo co grao de mímese que considerou. Esta é a exposición de traballos que se pode ver na cafetería do centro.

XIRA DE TEATRO. SEGUNDO DÍA

Despois de actuar en Sestao no Centro Integrado de FP Construcción Bizkaia, que nos acolle por segunda vez nesta andaina da Aula de teatro no IES de Cacheiras, poñemos rumbo a Poitiers, onde faremos noite.


 

XIRA DE TEATRO. PRIMEIRO DÍA

O primeiro día da Xira de teatro pasámolo en ruta ata Bilbao onde fixemos unha visita á zona vella.

Mañá, actuación en Sestao.

 

 

SÉRGIO TANNUS, NO IES DE CACHEIRAS

Sérgio Tannus visitou hoxe o noso centro. O músico brasileiro actuou para o alumnado de portugués de 1º ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut